Notas de prensa

O SLG pídelle á Administración medidas para atallar a fonda crise á que se enfronta o sector a causa da caída de prezos e de consumo

A baixada de prezos da carne de vacún provocará unha perda de dez millóns de euros aos gandeiros galegos.

As explotacións de gando vacún de Galiza estanse vendo afectadas, unha vez máis, polos baixos prezos que se están a dar nos últimos tempos. O problema é grave, pois estamos a falar de máis de 20.000 explotacións que viven directamente da producción cárnica no noso País, sendo a principal actividade socioeconómica que se está a dar nalgunhas comarcas de Galiza.
Habitualmente, o verán é a época na que se acadan os prezos máis altos. Nembargantes, neste ano 2004 puidemos comprobar que durante o período estival os prezos medios da carne de vacún pagados ó productor roldaron 3’7 euros por quilo canal, o que supón uns prezos inferiores aos de hai vinte anos. Como dato indicativo cómpre subliñar que, no ano 2003, estes prezos roldaron unha media 4’5 euros por quilo canal. Se facemos cálculos, as perdas supoñen máis de 10 millóns de euros no conxunto de Galiza.
A día de hoxe, a situación de moitas explotacións cárnicas esta a ser insostible debido a esta crise de prezos, sen que por parte da Administración se tome ningún tipo de medida nun sector tan estratéxico para o noso País. Evidentemente, estes prezos son baixos para os produtores, pero non para os consumidores, os cales están pagar os mesmos cartos pola carne que desembolsaban ata o de agora e, en moitos casos, unha cantidade superior. Por outra banda, tamén se produciu unha caída no consumo de carne de vacún nos últimos tempos. Esta crise afecta a todas as explotacións cárnicas existentes en Galiza, incluído un importante número de produtores inscritos na Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega.
As causas desta crise son múltiples. Por unha banda, temos que facer referencia a que o consumo de carne de vacún non medrou nos últimos tempos, tendendo á baixa no 2004; por outra, nos últimos anos promoveuse un modelo productivo de carácter agroindustrial que favoreceu unha baixada de prezos importante. Outro dos factores que influíron dunha forma directa nesta caída foron os acordos bilaterais que, como consecuencia do fracaso da Organización Mundial do Comercio, se firmaron entre a Unión Europea e Mercosur, mediante os cales a Unión Europea está a importar carne destes estados a prezos máis baratos e, ao mesmo tempo, boa parte dos países de destino das exportacións cárnicas da Unión Europea son abastecidos por Mercosur.
Dende o Sindicato Labrego Galego, demandamos das Administracións competentes que establezan mecanismos que garantan un prezo mínimo para a carne de vacún que cubra os custes de producción e que aseguren un nivel de vida digno para todos os productores de carne deste País, algo imprescindible de cara evitar a desertización do medio rural galego.

Sindicato Labrego Galego, 2004-09-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (orballo-cultural.jpg) O ciclo de concertos Orballo Cultural vén de presentar a súa edición 2025, que se celebrará entre os meses de maio a setembro. Este ciclo propón levar ata distintas localidades da xeografía galega, concretamente aos concellos de Estrada, Tomiño, O Porriño, Ribadavia, Muxía, Noia, Ferrol e Sanxenxo, a artistas da escena musical galega. Entre os nomes xa confirmados están Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Su Garrido Pombo, Herdeiros da Crus ou The Limboos. O ciclo Orballo Cultural busca unir a variada oferta musical de Galicia co patrimonio cultural e natural de distintas localidades, de tal modo que se pon en valor a rica variedade de opcións turísticas da comunidade. Ademais, integra a gastronomía e a artesanía como valores engadidos, nunha proposta que quere apostar pola sostibilidade e a igualdade.
Foto de la tercera plana (tesoureiras-de-noso.jpg) A exposición afonda na realidade das cantareiras dende o século XVIII ata os nosos días. Daquelas, as mulleres das aldeas tocaban por pura necesidade, xa que non había outra maneira de escoitar música ca creándoa. Frei Rosendo Salvado e Rosalía de Castro xa se interesaron no seu tempo polas cantigas populares galegas considerándoas 'pura poesía, sen artificio' a pesar de estar nunha lingua diferente da oficial e proviren de mulleres labregas, de clase baixa. Rosalía foi, de feito, quen máis se identificou con esa literatura, empatizando co sentimento do pobo e levándoo ás altas esferas da época. A mostra tamén recolle, a través de varios documentos, o interese de persoas estranxeiras como Dorothé Schubarth, Alan Lomax ou Gustav Henningsen pola nosa tradición.

Notas

A Universidade de Vigo participará en cinco novos proxectos para desenvolver tecnoloxías innovadoras no ámbito aeroespacial e farao da man de empresas de relevancia internacional que lle achegarán á institución preto de 1,5 millóns de euros. Estas novas iniciativas desenvolveranse no marco do Programa Tecnolóxico Espacial (PTE), promovido polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a través do Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI).
AWKE naceu co obxectivo de contribuír á mellora das competencias básicas, especialmente a competencia en comunicación lingüística, plurilingüe e intercultural. Apoia plans de transformación dixital en educación primaria e secundaria; isto inclúe o desenvolvemento da pedagoxía dixital e a experiencia no uso de ferramentas dixitais para os docentes, incluídas tecnoloxías accesibles e de apoio, e a creación e o uso innovador de contidos educativos dixitais.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES