A mostra itinerante Iacobus Gallecia do Xacobeo 2010 chega ao concello coruñés de Ribeira, tras permanecer no Coliseo Noela de Noia desde o 10 de marzo ao 8 de abril. A exposición, que ten como fin dar a coñecer a colección de arte contemporánea que o Xacobeo reuniu dende o ano 1992, estará no Auditorio Municipal de Ribeira ata o vindeiro 28 de agosto. As 13 obras desta mostra itinerante viaxarán despois a Caldas de Reis, VilagarcÃa de Arousa, Baiona e Tui, lugar onde finaliza o seu percorrido pola comunidade galega o 27 de outubro.
Iacobus Gallecia enmárcase no Camiño Contemporáneo do Xacobeo 2010, que ten programadas 24 exposicións para os seis primeiros meses do ano. A programación incluÃda neste camiño caracterÃzase pola súa aposta polas mostras itinerantes como fórmula para dar a coñecer a obra de autores galegos actuais e de recoñecido prestixio á maior cantidade de persoas.
O público que visite ata o 28 de agosto a exposición Iacobus Gallecia en Ribeira poderá contemplar un conxunto de obras que son un exemplo da vitalidade artÃstica da Galicia de Santiago que, nos finais do século XX e inicios do XXI –formando parte da decoración orixinal do Pavillón de Galicia da Expo'92 de Sevilla, ou respondendo a encargos posteriores–, continúa a desenvolver a súa rica historia cultural, baseada na tradición e mais na innovación, o fecundo caudal formado pola sÃntese creativa do propio e o alleo.
Este principio queda expresado na exposición a través da variedade estilÃstica, formal e conceptual de artistas tan distintos como DarÃo Basso, Paco Pestana, Xosé Freixanes, Antón GarcÃa Patiño, Alfonso Sucasas, Armando MartÃnez, Ignacio Basallo ou Antón Lamazares. Pezas conceptuais, abstractas e figurativas, estilizadas (Armando), ou amosando toda a súa fisicidade (Sucasas) ou o seu agudo primitivismo (GarcÃa Patiño) que nalgúns casos afondan na iconografÃa tradicional, relixiosa e xacobea, e noutros son pura evocación poética (Basso, Lamazares, Pestana) ben representativa dunha arte a cabalo entre dous séculos.
Na inauguración de Iacobus Gallecia na Casa das Asociacións de Santiago, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, destacou que as obras de arte contemporáneas que conforman a exposición “son novas e recentes manifestacións do vibrante espÃrito xacobeo”. Segundo explicou, as trece pezas presentes nas salas “convértense na mellor proba de que este espÃrito segue a falar alto e claro á nosa arte contemporánea”.
O Auditorio municipal de Ribeira acollerá obras de autores que participaron na Expo'92 de Sevilla, entre os que destacan DarÃo Basso, Berta Cáccamo, Freixanes ou Antón Lamazares, e que son parte dos fondos do Xacobeo. A partir destas primeiras incorporacións, a colección de obra contemporánea do Xacobeo foise enriqueciendo cos anos con pezas doutros artistas galegos como Sucasas, Antón GarcÃa Patiño ou Paco Pestana.
O obxectivo desta mostra é ofrecerlle ao público a posibilidade de achegarse á obra de autores galegos actuais e de recoñecido prestixio. Coa finalidade de facerlle chegar a exposición Iacobus Gallecia á meirande cantidade posible de público, a mostra chega mañá a Noia para logo itinerar por distintas vilas da nosa comunidade.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.