A Fundación Repsol e a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica asinaron un convenio de colaboración para a convocatoria e o desenvolvento da cuarta edición do Premio Narrativa Breve Repsol, creado en 2006 pola refinerÃa de Repsol na Coruña.
O acto estivo presidido polo secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, Anxo Lorenzo, e polo vicepresidente executivo da Fundación Repsol, Enrique Locutura, que rubricaron o acordo na Fundación LuÃs Seoane da Coruña.
Durante a súa intervención, o secretario xeral aproveitou o escenario da sinatura do convenio para recordar o labor impulsado por LuÃs Seoane a prol da literatura galega. “O intelectual galeguista –afirmou o secretario xeral– deuse de conta de que, naquelas circunstancias, alguén tiña que asumir a responsabilidade de darlle continuidade ao discurso literario galego e el fÃxoo creando editoriais, alentando proxectos e estimulando os escritores para que non deixasen de escribir na lingua propia de Galicia”.
“Afortunadamente –engadiu Anxo Lorenzo–, na actualidade, existen en Galicia institucións de noso que velan por que o galego sexa un sistema literario normalizado; e, ademais, hai entidades privadas, como o caso da Fundación Repsol, que entenden que deben participar no fortalecemento dese sistema, formando parte del como estimuladores, tal e como fixera LuÃs Seoane, hai máis de cincuenta anos”.
Neste sentido, o secretario xeral trasladoulle os seus parabéns á Fundación Repsol “por entender que estar radicados nun territorio implica asumir unha responsabilidade social con este, que neste caso concreto se traduce na convocatoria dun premio que xa é peza importante do sistema literario galego”.
O compromiso da Fundación Repsol coa lingua e a cultura galegas
Pola súa banda, o vicepresidente executivo da Fundación Repsol destacou o compromiso desta entidade coa lingua e a cultura galegas, que se manifesta a través de numerosas iniciativas, como “o patrocinio á Orquestra Sinfónica de Galicia, a Fundación LuÃs Seoane ou o premio que hoxe nos reúne”.
Ademais, Enrique Locutura referiuse á narrativa breve como “unha manifestación de creatividade literaria que se caracteriza pola brevidade extrema, a economÃa da linguaxe, os xogos de palabras e a representación de situacións estereotipadas”. Malia todo, “esta caracterÃstica de brevidade e economÃa da linguaxe –engadiu– non debe confundirse coa simplicidade, xa que o formato de conto breve esixe do autor uns excelentes recursos lingüÃsticos para narrar unha historia real ou ficticia nun pequeno espazo”.
Por iso, “o futuro da narrativa breve é tan grande como o sexa a imaxinación dos nosos creadores”, concluÃu o vicepresidente executivo da Fundación Repsol.
As bases do premio
O premio, que este ano chega á súa cuarta edición, está dotado con 9.000 euros e a publicación da obra. Os autores e autoras que o desexen –agás a persoa gañadora da edición anterior– poderán concorrer cunha obra escrita en lingua galega.
As obras orixinais e inéditas teñen que ter unha extensión mÃnima de 50 folios e máxima de 120 e deberanse enviar á RefinarÃa de Repsol na Coruña antes do 21 de xullo de 2010.
A decisión do xurado, que estará composto por cinco membros, será inapelable e farase pública no mes de setembro. Por outra parte, a entrega do Premio terá lugar antes de que finalice o ano nun acto público que se celebrará na cidade da Coruña.
Orixes e percorrido do galardón
O Premio de Narrativa Breve Repsol foi creado no ano 2006 pola refinerÃa de Repsol na Coruña e impulsado de forma conxunta coa SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica da Xunta de Galicia co obxectivo de promover a lingua e a literatura galegas. Ademais, desde o seu inicio, conta co apoio da Real Academia Galega, da Asociación Galega de Editores e da Asociación de Escritores en Lingua Galega, asà como coa estreita colaboración da Editorial Galaxia, que editou as obras gañadoras das pasadas convocatorias.
Na primeira edición, en 2006, o xornalista Miguel Sande fÃxose con este galardón pola súa obra Se algún dÃa esta muller morta e Xavier Lama, profesor da USC e xornalista, acadou un accésit por O insomnio dos centauros. A gañadora da segunda edición foi a obra Asà nacen as baleas, da escritora Anxos Sumai. Na terceira edición, en 2008, o narrador, dramaturgo e debuxante humorÃstico Xosé LuÃs MartÃnez Pereiro obtivo o galardón polo traballo A verdade como mal menor.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.