
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou a III Bienal Literaria Internacional que terá lugar en Santiago de Compostela do 2 ao 6 de xuño do 2010 e que acollerá asemade a IV Conferencia da Fundación Iberoamericana do PEN coincidindo coa celebración do Ano do Libro e da Lectura e o Xacobeo 2010. Roberto Varela apuntou á capacidade do congreso compostelán para contribuÃr a que “a literatura galega viaxe e se proxecte por toda América e todo o mundo, fortalecendo as frutÃferas pontes que unen a PenÃnsula Ibérica con Latinoamérica”.
Para o conselleiro, a III Bienal supón unha “excelente iniciativa dinamizadora da cultura e das letras galegas”. Na presentación do congreso, o conselleiro de Cultura e Turismo expresou a súa convicción acerca da “validez universal da obra dos nosos creadores” e apuntou o compromiso do Goberno “para que chegue a todos os recantos do planeta”. Neste sentido, o responsable da ConsellerÃa de Cultura e Turismo manifestou “a necesidade de dar a coñecer a valiosa obra dos nosos autores alén das nosas fronteiras”.
Roberto Varela asegurou que a IV Conferencia da Fundación Iberoamericana do PEN é sinónimo de “prestixio e historia literaria”. O conselleiro valorou o papel do PEN “na súa loita incansable pola liberdade de expresión”. Do mesmo xeito, Roberto Varela manifestou o compromiso da Xunta de Galicia na procura “dunha absoluta liberdade de expresión e pensamento”.
III Bienal
Do 2 ao 6 de xuño de 2010, a III Bienal de Pedra e de Palabra concibirase como un punto de encontro e máis un foro de debate. Non se trata dun congreso de escritores senón de que os participantes contrasten as súas opinións na procura de camiños abertos e plurais para o feito literario, neste caso en Iberoamérica.
A literatura galega será a anfitrioa, tanto do mundo das letras hispanoamericanas coma das letras luso-brasileiras. Coa III Bienal preténdese que a literatura galega sirva de punto de encontro entre dúas grandes áreas lingüÃsticas e literarias, a hispanoamericana e a lusófona. As fondas históricas relacións de Galicia con América e a diáspora a aquel continente xustifican de sobra o evento.
De pedra e de palabra consolÃdase na súa terceira edición como un foro aberto entre escritores das diversas rexións do mundo celebrado en Santiago de Compostela. Nesta edición está prevista a participación de poetas, novelistas, ensaÃstas, dramaturgos, xornalistas, crÃticos, profesores de literatura, editores e cantos dun xeito ou doutro participan da escritura creativa, da industria do libro e da promoción de lectura.
A posta en marcha do Rexistro galego de persoas centenarias, Regace, sitúa Galicia nunha posición de referencia para o estudo da lonxevidade, posibilitando coñecer mellor as claves deste fenómeno e afrontar os retos que presenta. Preto de 1.800 persoas de cen ou máis anos viven na comunidade galega, o que supón ao redor do 12 % de toda a poboación centenaria de España, un dato que fala da realidade demográfica de Galicia e reflicte unha oportunidade única para aprender, investigar e avanzar. Deste xeito, Galicia presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire: 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, superando en ambos os casos a media estatal.
A mostra a 'Illa ignorada' estará aberta ata o 12 de febreiro de 2027 e toma o seu tÃtulo do primeiro poemario da escritora Gloria Fortes. Nela cabe destacar os traballos tanto dos artistas galegos Alberto Ardid, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Fina Mantiñán, Juan Carlos Meana, Ariadna Silva, Seoane e MarÃa Elena Montero, como os de Abel Azcona, Amparo Garrido, Regina Giménez, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Ãñigo Royo, Regina Silveira. Ademais desta nova mostra, o centro tamén inaugurou a ampliación, no dobre espazo do Centro Galego de Arte Contemporánea, da exposición Misha Bies Golas, que abriu ao público o pasado 22 de maio cunha escolma de máis de dúas décadas da creación heteroxénea do lalinense Miguel Calvo Ulloa, un dos fundadores do colectivo Nova Escultura Galega.