
O Foro E. Peinador celebrou outro Econtro con empresarios para animalos a incorporar a lingua galega nos usos comerciais.
Acudiron a esta nova cita:
José A. Casais, presidente de FEIRACO
José Manuel Chousa, director xeral de INGAPAN
José Otero, director xeral do GRUPO POUSADAS DE COMPOSTELA
Mario Cardama, director xeral de Astillero y Varadero Cardama
Jorge Lamdeira, director de Carbónicas Landeira
Gerardo García Albela, director xeral de ITELSIS
Juan José Jaén, presidente de BRICOKING
Francisco Novoa, director xeral de GRUPO ACADEMIA POSTAL
Casián García, director xeral de CELTIC ESTORES
Anibal Blanco, director de Anibal Blanco,S.L
Francisco Teira, director de BENBOA
Manuel Rial, presidente de SEGURIDADE A1
Montserrat Maceira, directora de GRANITOS MACEIRAS
Estiveron presentes tamén, o Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lourenzo e o Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela García.
Tódolos participantes manifestaron o seu apoio ás propostas do Foro E. Peinador, que incluían un amplo catálogos de medidas para garantirlle á lingua galega maior presenza nas páxinas web, etiquetaxe, rotulación interior dos centros fabrís, publicidade, relación coas institucións públicas e provedores, e nas relacións laborais (nóminas do persoal e convenios colectivos).
Tódolos presentes subscribiron as teses do Foro que considera que a lingua galega é un factor de cohesión da empresa cos traballadores e consumidores, ao tempo que reforza a imaxe corporativa e comercial dos produtos nos mercados mesmo internacionais. Neste sentido fíxose fincapé dos avances acadados no sector vinícola onde máis de cento setenta adegas galegas etiquetan xa os seus envases na nosa lingua; unha mostra de cómo os nosos produtos poden estar presentes nos mercados internacionais falando a súa lingua, sen que iso supoña ningunha limitación, seguindo o exemplo dos coñacs, do whisky, ou produtos cosméticos que utilizan a súa lingua de orixe nos envases.
O Foro E. Peinador iniciará proximamente actos nas empresas referenciadas para dar a coñecer o seu progresivo compromiso coa lingua, facendo copartícipes aos seus traballadores, e asinando convenios de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, que se encargará de fornecer de medios informáticos (tradutores, correctores,etc.) ás unidades administrativas e xerenciais das mesmas, estudándose a posibilidade dalgúns métodos de capacitación lingüística do persoal.
Os empresarios participantes foron informados da próxima sinatura dun convenio coa Universidade da Coruña para celebrar unhas xornadas sobre investigación e empresa coa gallo do 110 aniversario do nacemento do intelectual galeguista, investigador e empresario, Isidro Parga Pondal.
O Foro E. Peinador está a preparar campaña de publicidades para sensibilizar aos consumidores na preferenza polos produtos etiquetados en galego, e para estimular a inclusións nos textos dos convenios colectivos as cláusulas dos dereitos lingüísticos, aprobados no seu día polo Consello Galego de Relacións Laborais.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.