Na mesma reunión decidiu outorgar o "Pedrón de Honra 2010" ao catedrático de SocioloxÃa da Universidade Complutense de Madrid e escritor en lingua galega FermÃn Bouza Ãlvarez pola súa traxectoria e pola defensa irredutible da lingua galega desde todas as tribunas públicas nas que participa.
Pedrón de Ouro
Camilo Nogueira Román (Vigo, 1936), é membro das xeracións galegas de
posguerra nacidas entre 1930 e 1940, comprometidas co seu
desgaleguizado paÃs nos tempos mouros da ditadura franquista.
Depois de facer o bachalerato no Instituto Santa Irene, estudou na Escola Industrial de Vigo, Enxeñaria Industrial en Bilbao e Madrid e Ciencias Económicas en Santiago. Desde 1964 exerceu como responsable de fabricación na factorÃa Citroën. Foi despedido no 1972 por solidarizarse cos traballadores nas folgas daquel ano. Entre 1973 e 1997 traballou como director de promoción industrial en SODIGA.
Sendo moi novo empezou a participar nas plataformas culturais creadas polas mozas e mozos da posguerra. Formou parte de Galicia Socialista e realizou unha intensa actividade dentro do nacionalismo galego, participando activamente na creación de grupos culturais, polÃticos e sindicais.
Desde 1964 e durante catro anos presidiu a Asociación Cultural de Vigo que xunto coa coruñesa "O Facho", promoveron e difundiron os populares letreiros "Falemos galego" e "Galego na escola". No mesmo terreo reivindicativo e normalizador, a asociación que presidÃa logrou a inclusión do galego por primeira vez na radio, concretamente no programa "RaÃz e Tempo", que se mantivo en antena de 1966 a 1970.
Na Transición participou na redación das Bases Constitucioais para un Pacto Federal do Consello de Forzas Politicas e foi membro da Comisión dos 16 creada para redactar o primeiro proxecto de Estatuto de AutonomÃa de Galicia.
Entre 1981 e 1993 foi Deputado no Parlamento de Galicia por Esquerda Galega e PSG-Esquerda Galega e de 1997 a 1999 polo BNG. Na primeiras lexislaturas presentou Proposicións de Lei que darÃan lugar a textos legais como a Lei de Normalización LingüÃstica, a Lei de SÃmbolos, Lei do Valedor do Pobo e a lei de uso do galego na Administración Local. Foi deputado do Parlamento Europeo de 1999 a 2004, realizando un intenso labor de defensa dos dereitos nacionais de Galicia e dos problemas da súa economÃa, sendo membro da Comisión Constitucional e participando en accións internacionais, sinaladamente contra a guerra de Iraq e as opresións de Palestina ou Chechenia e nos Foros Sociais Mundiais desde 2001. No Parlamento Europeo foi Presidente do Intergrupo de Nacións sen Estado.
É autor dunha numerosa obra ensaÃstica, na que salientan os temas relacionados coa economÃa e a industrialización de Galicia, sobre o movemento nacional e sobre a historia de Galiza. A súa vella inquedanza da investigación histórica viuna plasmada na publicación de libros co obxectivo, en boa medida, de contrarrestar a historiografÃa existente dominada pola visión centralista. Como escritor participou na autorÃa de A Galiza na Encrucillada e O poder industrial en Galicia e foi autor de Población y Desarrollo Económico; A memoria da nación. O Reino de Gallaecia; A Terra Cantada; Galiza na Unión. A porta atlántica; e Europa. O continente pensado. Esta última publicación foi distinguida no ano 2008 cos premios Losada Diéguez e da CrÃtica-Galicia no apartado de investigación.
Pedrón de Honra
Detrás da figura de FermÃn Bouza Ãlvarez, catedrático de SocioloxÃa (Opinión Pública) na Universidade Complutense de Madrid, hai un longo percorrido, como activista polÃtico, ensaÃsta de fondo, narrador e poeta. Bouza Ãlvarez, ademais, ten publicado numerosos artigos de opinión á parte daqueles relativos á súa especialidade. Iso sen contar as moitas conferencias que leva ditadas e a súa participación en debates radiados ou televisados. Todo isto configurarÃa de seu a personalidade poliédrica deste autor santiagués (de 1946), senón que falta engadirlle o seu papel como promotor do blog “El voto con botas”, defensa irredutible da lingua galega. Con efecto, nestes momentos en que os ventos sopran acedos, cando non violentos, para o noso idioma, FermÃn Bouza ten collido o touro polos cornos, e desde o español (o seu blog ten clientela en todo o ámbito estatal) leva adiante un posicionamento belixerante pero razoado a prol do galego. A audiencia do blog de Bouza Ãlvarez é moi ampla e non é difÃcil deducir das súas intervencións como o espÃrito combatente e rigoroso de FermÃn vai callando nela. Tamén entre non galegos, que desta maneira dan entendido o por que dunha realidade. É, por tanto, de salientar, a actitude comprometida de quen podendo optar por componendas ou silencios, escolle o camiño pouco doado de loitar pola nosa principal herdanza común.
Ademais, FermÃn Bouza tamén cultiva a literatura e en lingua galega é autor de dúas novelas Memoria do Diaño (1980), Longo voo de paxaro (1987) e dous poemarios O tempo na auga (1985) e Labirinto de inverno (1990).
Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra
O Pedrón de Ouro trata de sobrancear aquela personalidade ou entidade viva e residente en Galicia que máis se teña destacado na defensa e promoción das diversas facetas da cultura nacional ao longo do ano ou na traxectoria dunha vida.
Co Pedrón de Honra, a Fundación pretende distinguir a personalidade ou entidade viva, galega ou non, residente fóra da Terra que máis se destacase coas súas achegas ao engrandecemento da Nación e a súa Cultura.
Acto de entrega
O acto de entrega do Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra terá lugar o 23 de maio nun acto literario que se celebrará na Casa Museo de RosalÃa, en Padrón, ás 12,30 horas, no que actuará de mantedor o catedrático de Historia Contemporánea da USC, Xusto Beramendi.