
Dende o venres 23 ata as 22:00 do domingo dous de maio, os residentes na comunidade de Marid -e lindantes- e que ademais sexan amantes do marisco e dos produtos galegos, teñen unha cita ineludible no recinto Ferial de Alcobendas. A Casa de Galicia en Madrid acolleu hoxe a presentación da décimo quinta edición cuxo programa incorpora importantes novidades.
No acto de presentación interviñeron o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, o tenente alcalde de Alcobendas, Ramón Cubián -en representación do alcalde Ignacio García de Vinuesa, por encontrarse este en Nova York-; o presidente de Xuntanza de Galegos en Alcobendas, Ovidio Cadenas e o director comercial de Gastrónomo Star la Toja, Javier Prieto.
"Deus bendiciu a Galicia coas Rias Baixas, que son a fonte do marisco. Se Alcobendas tivese unha ría sería o centro do mundo, pero ten a Semana do Marisco de Galicia, que non é pouco", dixo o delegado da Xunta, e sinalou como "os galegos non concibimos o mundo sen un bo xantar e se ademais no menú está presente o marisco... non só é felicidade, é o paraiso! ".
Tamén valorou o gran traballo que realiza Ovidio Cadenas coa comunidade galega de Alcobendas "facendo honra ao seu apelido, unindo, elo a elo sen descanso nun gran labor,".
Pola súa banda, Ovidio, tras os agradecimentos de rigor, invitou a todos os asistentes, especialmente aos medios de comunicación, a difundir a cita gastronómica, "que se cumpre 15 anos, debe ser por algún motivo, e en cada nova edición intentamos que saia mellor".
O tenente de alcalde, Cubián, recordou que Alcobendas é un municipio "feito con anaquiños de toda España e que sen dúbida a comunidade galega é unha das máis activas e importantes".
Para Javier Prieto, "este ano, ademais dos mellores produtos, queremos que interveñan outros sentidos e por iso temos previsto ambientar o recinto con tradicións típicas galegas como as alfombras florais ou unha romaxe popular".
A presentación rematou coa proxección dunhas fermosas imaxes de paisaxes e produtos galegos., á que seguiu unha degustación na que se serviron unha selección dos máis típicos.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.