Notas de prensa

16 atletas, equipos e institucións, galardoados cos premios do Deporte Galego 2009

O Centro Sociocultural Caixanova de Vigo acolle o 22 de abril a Gala do Deporte Galego na que se entregan os galardóns de 2009 a un total de 16 atletas, equipos, entidades e institucións nas distintas modalidades.

A Xunta de Galicia acaba de elixir os deportistas e entidades que serán premiados na gala dos premios anuais do deporte galego correspondentes ao 2009, que se celebra o 22 de abril, no centro sociocultural de Caixanova en Vigo, o Teatro García Barbón, a partir das 20,00 horas. Un total de 16 atletas profesionais, equipos, entidades e institucións vinculados ao mundo do deporte recibirán os seus galardóns nun evento que presidirá o máximo representante do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.

O Goberno galego estableceu 16 modalidades para recoñecer o labor das persoas e organismos que, ao longo do ano pasado, se esforzaron para que a actividade física na nosa comunidade autónoma continúe o seu incremento.

O xurado dos premios valorou durante as súas reunións o excelente rendemento dos profesionais do deporte e os niveis de éxito acadados polos clubs galegos na actualidade. Analizou currículos de altísimo nivel ata tomar as súas decisións, que quedarán escenificadas nun acto que, por primeira vez, terá lugar na cidade de Vigo.

As categorías son as seguintes: mellor deportista feminina, mellor deportista feminina discapacitada, mellor deportista masculino, mellor deportista masculino discapacitado, mellor equipo feminino, mellor equipo masculino, mellor equipo de deportistas discapacitados, mellor entidade na promoción da actividade física e o deporte de base, mellor centro educativo na promoción do deporte en idade escolar, mellor adestrador, mellor árbitro, mellor labor informativo, mellor evento deportivo e mellor patrocinio. Haberá, ademais, tres mencións especiais que a Xunta dará a coñecer nos vindeiros días. As persoas, clubs, institucións e empresas que resultaron galardoadas son as seguintes:

Mellor deportista feminina: Begoña Fernández. Xogadora de balonmán, Begoña Fernández é campiona da Copa EHF e da Liga co Itxaso de Estrella e está recoñecida como a mellor pivote mundial pola IHF. O xurado dos premios considerou que o seu tesón, afán de superación e as súas cualidades son os factores que a colocaron no máis alto do panorama da súa disciplina deportiva.

Mellor deportista masculino: Carlos Pérez. O palista de Cangas proclamouse campión de Europa en K-2 en 200 metros e segundo do mundo na mesma categoría competitiva. Ao mesmo tempo, o piragüista é cuarto de Europa e do mundo en 500 metros no ano 2009. Carlos Pérez subiu o máis alto do podio en Pekín en 2008 e mantivo a súa liña de crecemento profesional en 2009. Con Saúl Craviotto, o palista fíxose coa medalla de prata nun mundial, no que tamén proclamouse cuarto en K-2 nos 500 metros, o mesmo posto que acadou na cita continental.

Mellor deportista discapacitada feminina: Victoria González. A compostelá gañou a medalla de prata no Campionato de España de esquí adaptado o ano pasado. Compaxina o seu traballo de funcionaria coa natación, o mergullo e os deportes de inverno. Unha das súas máximas vitais é intentar que a súa vida sexa normal, sen deterse a pensar na súa parálise.

Mellor deportista discapacitado masculino: ‘Chano’ Rodríguez. Sebastián Rodríguez Veloso deu a coñecer ao mundo as súas capacidades deportivas nos Xogos Paralímpicos de Sydney 2000. No seu currículo como natación figuran sete medallas en campionatos do mundo, tanto en piscina curta como longa. O xurado dos premios considera que os retos que se marca e que consigue Chano Rodríguez só están ao alcance dos heroes.

Mellor equipo masculino: Liceo de Hockey patines. O equipo coruñés estivo a piques de conseguir, o ano pasado, os títulos nas tres principais competicións neste deporte: A Copa de Europa e a Copa do Rey (chegou ás semifinais), mentres que na Liga obtivo un segundo posto. O Liceo da Coruña mantense tempada tras tempada na elite deportiva.

Mellor equipo feminino: Trainera Rías Baixas. O club de remo obtivo en 2009 o triunfo na Bandeira da Concha por segundo ano consecutivo, culminando así unha tempada inmellorable na que as súas deportistas tamén se fixeron co título de Liga ACT e co da Liga Galega.

Mellor equipo discapacitado: Club Baloncesto Amfiv. O equipo de baloncesto reafirmouse ao longo de 2009 como un membro de pleno dereito da máxima categoría deste deporte en cadeira de rodas, facéndose co cuarto posto na competición. Pero, ademais, o club foi a sede da fase final da André Vergauwen Cup, unha cita que resultou un éxito deportivo e que amosou a capacidade organizativa da agrupación.

Mellor adestrador: Francisco Teixeira. O balonmán galego está intimamente vencellado a ‘Fran’ Teixeira, que durante 17 tempadas dirixiu a clubs na máxima categoría deste deporte, a División de Honra. En 2009 e da súa man, o Chapela camiñou cara o título de Primeira Nacional e quedou ás portas de lograr o ascenso á División de Honra B.

Mellor árbitro: María Jesús Llevot. Colexiada en Piragüismo, o ano pasado foi xuíz internacional no Campionato de Europa e do Mundo, ademais de arbitrar nos Xogos do Mediterráneo. O xurado dos premios anuais do deporte galego entende que o gran momento que está a atravesar o piragüismo galego é extrapolable ás tarefas de arbitraxe.

Mellor centro educativo: Divino Maestro de Ourense. O colexio de Ourense ten no deporte unha referencia no deporte como vía de aprendizaxe de valores. As súas escolas son un exemplo dende hai varias décadas e, máis alá dos resultados, os seus responsables teñen amosado que son quen de formar os mozos a través do deporte.

Mellor entidade de promoción de base: Club Baloncesto A Coruña: A promoción do baloncesto é a única razón da existencia desta agrupación, que na actualidade está a formar a aproximadamente 500 nenos en distintas categorías, consolidándose como unha das grandes canteiras deportivas galegas.

Mellor deportista revelación: Raúl Bouzas. O arousán de 21 anos é campión de Europa sub 21, unha categoría pola que Galicia apostou con forza, conseguindo convencer á Federación Española e á Europea para que fora considerada oficial. Así, a comunidade autónoma foi escenario do primeiro campionato continental deste deporte. Foi na cidade de Vigo onde Raúl Bouzas logrou o primeiro posto desta competición.

Mellor labor informativa: Diario de Pontevedra. O xornal da cidade do Lérez é un referente galego en canto a información deportiva, cubrindo todo tipo de eventos, ofrecendo información contrastada e dando o seu apoio ao deporte da provincia por medio de patrocinios e convenios. É o xornal que máis páxinas adica ao deporte e foi escollido polo xurado tras ser proposto por cinco entidades.

Mellor evento deportivo: Patín Classic Surf. Ferrol é, dende hai máis de dúas décadas, escenario da competición de surf, converténdose nun referente neste deporte cada mes de setembro. As características deste evento atraen cada ano os mellores profesionais do mundo e a milleiros de afeccionados.

Mellor patrocinador: Pescanova. O tecido deportivo galego conta dende hai anos co compromiso da firma Pescanova, cuxo esforzo ten permitido que a comunidade autónoma sexa escenario de probas, competicións e eventos patrocinados que, co paso do tempo, gañan en importancia. “A súa fidelidade co deporte e cos coas persoas que o practican queda fóra de dúbidas”, manifestou o xurado.

Mellor concello: Concello de Lourenzá. A decisión foi unha das principais bazas deste Concello para estar ao carón do deporte base. Os seus programas con escolas deportivas e o apoio aos clubs do municipio está directamente vinculado ao incremento da práctica da actividade física en todas as idades.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-04-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (20251223-xunta.jpeg) A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodía a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
Foto de la tercera plana (otero-pedrayo.jpg) En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co Día do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o Día da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do Día das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co Día das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.

Notas

O LHCb, un dos detectores do gran colisor de hadróns (LHC) do CERN en Suíza, produce colisións de protóns a altísimas enerxías. Estas colisións xeran partículas inestables que conteñen quarks pesados, cuxa desintegración permite estudar fenómenos de física fundamental que axudan a explicar por que o universo está formado principalmente por materia e case non contén antimateria.
Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e Abel Caballero, alcalde de Vigo, mantiveron este martes unha xuntanza na que se abordou a posta en marcha do Observatorio de Vivenda de Vigo tras a sinatura dun convenio de colaboración entre as dúas institucións con esta finalidade. O obxectivo desta nova ferramenta será realizar e ofrecer unha diagnose constante do mercado da vivenda, monitorizar a súa evolución e propoñer medidas de corrección coa previa avaliación de súa idoneidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES