Notas de prensa

A Guía das saídas profesionais das titulacións da USC achega o sector empresarial e o mundo universitario

A Guía das saídas profesionais das titulacións da USC, recentemente publicada, foi presentada nun acto que contou coa presencia da presidenta do Consello Social da USC, Manuela López Besteiro; a vicerreitora de Estudantes e Relacións Institucionais, Elena Vázquez Cendón; o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; e as técnicas de orientación das Áreas de Orientación Laboral de ambos os dous Campus, Compostela e Lugo.

No transcurso da presentación Manuela López Besteiro sinalou que non se trata dunha guía ao uso, dado o seu grao de concreción, complexidade e facilidade de uso. A presidenta do Consello Social da USC destacou a dobre perspectiva da publicación xa que, na súa opinión, será de utilidade para estudantes de Bacharelato así como para universitarios e mesmo para empresarios na procura de profesionais para as súas organizacións.
A continuación, a vicerreitora de Estudantes subliñou a capacidade do texto presentado para transmitir a información necesaria de xeito sintético e indicou que xunto ao formato impreso, en datas próximas, as persoas interesadas disporán desta guía en soporte dixital, a través da páxina web da USC, así como en fichas individuais por cada titulación. Elena Vázquez anunciou tamén que a guía será distribuída aos orientadores de centros de Ensino Medio de toda Galicia. Pechando a presentación, Carlos Herrero indicou que a guía actualiza todas as opción profesionais asociadas a unha titulación, xa que ata foi pouco tempo as saídas profesionais eran unívocas, con ámbitos de traballo moi concretos por cada titulación, recordou Herrero.
Esta Guía tenta achegar o sector empresarial ao mundo universitario, describindo as actividades concretas que poden levar a cabo os titulados da Universidade de Santiago de Compostela e os ámbitos específicos nos que poden traballar, expoñendo asi mesmo as aplicacións profesionais que permiten as diferentes titulacións desta universidade.
Neste senso, a obra hoxe presentada parte da consideración da USC como fonte de xeración de recursos humanos altamente cualificados para a empresa, profesionais que incorporados aos cadros de persoal contribuirán á consecución dos obxectivos empresariais e ao crecemento económico da propia organización e do seu contorno. Para os responsables da guía formación de calidade e demanda empresarial van da man, xa que a Universidade de hoxe debe integrarse como parte do potencial económico e social co que conta a sociedade.

Ademais, esta obra pretende ser unha ferramenta útil para os futuros universitarios asi como para os profesonais da orientación profesional dos centros educativos e empresarios, de xeito que coñezan o abano das posibilidades laborais que poden desenvolver os titulados da USC. Así, a Guía ofrece aos universitarios un coñecemento das áreas de aplicación da súa formación, tentando facer un pouco máis doado o acceso ao mundo empresarial e posibilitando un maior aproveitamento dos recursos dos que dispoñen ambos os dous sectores.
A información contida na Guía fai un percorrido polas distintas titulacións dos dous campus da USC organizadas por áreas de coñecemento, aportando datos de interese sobre as facultades e escolas onde se imparten os estudos, colexios e asociacións profesionais e empresariais vinculadas coa titulacións en cuestión.
Este documento foi elaborada polo equipo técnico das Áreas de Orientación Laboral da USC baixo a coordinación do Consello Social da USC, do Vicerreitorado de Estudantes e Relacións Institucionais e do Vicerreitorado de Coordinación do Campus de Lugo.

Gabinete de Comunicación USC, 2004-09-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (orballo-cultural.jpg) O ciclo de concertos Orballo Cultural vén de presentar a súa edición 2025, que se celebrará entre os meses de maio a setembro. Este ciclo propón levar ata distintas localidades da xeografía galega, concretamente aos concellos de Estrada, Tomiño, O Porriño, Ribadavia, Muxía, Noia, Ferrol e Sanxenxo, a artistas da escena musical galega. Entre os nomes xa confirmados están Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Su Garrido Pombo, Herdeiros da Crus ou The Limboos. O ciclo Orballo Cultural busca unir a variada oferta musical de Galicia co patrimonio cultural e natural de distintas localidades, de tal modo que se pon en valor a rica variedade de opcións turísticas da comunidade. Ademais, integra a gastronomía e a artesanía como valores engadidos, nunha proposta que quere apostar pola sostibilidade e a igualdade.
Foto de la tercera plana (tesoureiras-de-noso.jpg) A exposición afonda na realidade das cantareiras dende o século XVIII ata os nosos días. Daquelas, as mulleres das aldeas tocaban por pura necesidade, xa que non había outra maneira de escoitar música ca creándoa. Frei Rosendo Salvado e Rosalía de Castro xa se interesaron no seu tempo polas cantigas populares galegas considerándoas 'pura poesía, sen artificio' a pesar de estar nunha lingua diferente da oficial e proviren de mulleres labregas, de clase baixa. Rosalía foi, de feito, quen máis se identificou con esa literatura, empatizando co sentimento do pobo e levándoo ás altas esferas da época. A mostra tamén recolle, a través de varios documentos, o interese de persoas estranxeiras como Dorothé Schubarth, Alan Lomax ou Gustav Henningsen pola nosa tradición.

Notas

A Universidade de Vigo participará en cinco novos proxectos para desenvolver tecnoloxías innovadoras no ámbito aeroespacial e farao da man de empresas de relevancia internacional que lle achegarán á institución preto de 1,5 millóns de euros. Estas novas iniciativas desenvolveranse no marco do Programa Tecnolóxico Espacial (PTE), promovido polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a través do Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI).
AWKE naceu co obxectivo de contribuír á mellora das competencias básicas, especialmente a competencia en comunicación lingüística, plurilingüe e intercultural. Apoia plans de transformación dixital en educación primaria e secundaria; isto inclúe o desenvolvemento da pedagoxía dixital e a experiencia no uso de ferramentas dixitais para os docentes, incluídas tecnoloxías accesibles e de apoio, e a creación e o uso innovador de contidos educativos dixitais.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES