Notas de prensa

ADEGA solicita ó Director Xeral de Conservación da Natureza que explique o sentido que ten a construcción de escalas para o salmón no río Ulla

Adega considera que a solución máis axeitada, ecolóxica e economicamente, radica na eliminación dos obstáculos tal como no seu día recolleu o Plan de Recuperación dos Ríos e do Salmón Atlántico da propia Consellería de Medio Ambiente.

Adega recorda no escrito enviado ó responsable da Consellería de Medio Ambiente que despois das numerosas denuncias sobre irregularidades na xestión das especies piscícolas no río Ulla, en especial o relacionado coa pesca do salmón e o peche da presa de Sinde, non recibiu ningún tipo de contestación é menos as xustificacións técnicas que avalaban as devanditas actuacións. Por este motivo ADEGA comunícalle a súa decisión de remitir toda a documentación ó Valedor do Pobo co obxecto de que investigue as irregularidades denunciadas.
ADEGA entende que resulta contradictorio e un despilfarro de recursos económicos, a decisión e rápida intervención da construcción da escala de peixes na presa de Couso e a proxectada para a presa de Sinde, pechada en setembro de 2003. A simple apertura das presas de Couso e Sinde, está última xa fora motivo a principios dos noventa deste tipo de actuación (en base ás recomendacións científicas efectuadas co inicio do Plan de Recuperación do Salmón Atlántico), ademais da eliminación das táboas colocadas nos aliviadeiros de ámbalas dúas presas, son a solución máis lóxica para intervir na mellora dos remontes.  A medida adoitada é como tapiar a entrada dun edificio e colocar unha corda no exterior para trepar e acceder a cada unha das plantas. O plan de recuperación do salmón deseñado polos técnicos da Xunta recomendaba o inventario e eliminación dos obstáculos existentes, opción que parece desbotada nestes últimos anos pola Consellería de Medio Ambiente, que se ben recoñece na súa páxina web o problema dos obstáculos indica que a súa eliminación se procederá mediante a construcción de escalas axeitadas. Curiosamente a escala que se está a barallar na presa de Sinde pode supoñer a destrucción dun dos primeiros frezadeiros de salmón que aparecen no río Ulla.ADEGA pregúntalle ó Director Xeral de Conservación da Natureza que mostre o estudio técnico que xustifique a construcción dunha escala nesta zona do río fronte a opción de abrir os pasos na presa, e igual para a presa de Couso.
O do peche das tres presas do Ulla, correspondentes ós coutos salmoneiros deste río, benefician unicamente o intento de manter un cupo de capturas de salmóns que tente ocultar a situación tan delicada na que se atopa esta especie, xa que ante a escasez de pezas o que se fai é incrementar os tempos de parada no remonte fronte estes obstáculos, debido ó esgotamento e debilidade física que supón a busca dos pasos, e as escalas so ofrecen rendementos satisfactorios cando as poboacións piscícolas gozan dun bo estado de abundancia, e non naquelas ó borde da desaparición, ou ben cando é inevitable o remonte pola presencia, entre outros, de instalacións hidroeléctricas.
As actuacións que está a desenvolver a Xunta de Galicia con relación á recuperación do salmón semellan estar enfocadas cara poder manter unicamente a súa pesca, da que só se beneficia un grupo selecto de pescadores, no lugar de evitar a súa máis que probable desaparicións neste río.

 

Adega, 2004-09-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (orballo-cultural.jpg) O ciclo de concertos Orballo Cultural vén de presentar a súa edición 2025, que se celebrará entre os meses de maio a setembro. Este ciclo propón levar ata distintas localidades da xeografía galega, concretamente aos concellos de Estrada, Tomiño, O Porriño, Ribadavia, Muxía, Noia, Ferrol e Sanxenxo, a artistas da escena musical galega. Entre os nomes xa confirmados están Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Su Garrido Pombo, Herdeiros da Crus ou The Limboos. O ciclo Orballo Cultural busca unir a variada oferta musical de Galicia co patrimonio cultural e natural de distintas localidades, de tal modo que se pon en valor a rica variedade de opcións turísticas da comunidade. Ademais, integra a gastronomía e a artesanía como valores engadidos, nunha proposta que quere apostar pola sostibilidade e a igualdade.
Foto de la tercera plana (tesoureiras-de-noso.jpg) A exposición afonda na realidade das cantareiras dende o século XVIII ata os nosos días. Daquelas, as mulleres das aldeas tocaban por pura necesidade, xa que non había outra maneira de escoitar música ca creándoa. Frei Rosendo Salvado e Rosalía de Castro xa se interesaron no seu tempo polas cantigas populares galegas considerándoas 'pura poesía, sen artificio' a pesar de estar nunha lingua diferente da oficial e proviren de mulleres labregas, de clase baixa. Rosalía foi, de feito, quen máis se identificou con esa literatura, empatizando co sentimento do pobo e levándoo ás altas esferas da época. A mostra tamén recolle, a través de varios documentos, o interese de persoas estranxeiras como Dorothé Schubarth, Alan Lomax ou Gustav Henningsen pola nosa tradición.

Notas

A Universidade de Vigo participará en cinco novos proxectos para desenvolver tecnoloxías innovadoras no ámbito aeroespacial e farao da man de empresas de relevancia internacional que lle achegarán á institución preto de 1,5 millóns de euros. Estas novas iniciativas desenvolveranse no marco do Programa Tecnolóxico Espacial (PTE), promovido polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a través do Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI).
AWKE naceu co obxectivo de contribuír á mellora das competencias básicas, especialmente a competencia en comunicación lingüística, plurilingüe e intercultural. Apoia plans de transformación dixital en educación primaria e secundaria; isto inclúe o desenvolvemento da pedagoxía dixital e a experiencia no uso de ferramentas dixitais para os docentes, incluídas tecnoloxías accesibles e de apoio, e a creación e o uso innovador de contidos educativos dixitais.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES