Notas de prensa

A Xunta apoia ao SUG para facelo forte, competitivo e con proxección exterior

O presidente da Xunta, na entrega dos premios Fin de Carreira, fixo un chamamento á cooperación e á coordinación entre as tres universidades para converter o Sistema Universitario Galego (SUG) nun dos máis competitivos e vangardistas de Europa aproveitando as sinerxias da USC, UDC e UDV.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, fixo un chamamento á cooperación e á coordinación entre as tres universidades “para converter ao sistema universitario galego nun dos máis competitivos e vangardistas de Europa”. “É preciso aproveitar as sinerxias e os recursos das tres universidades galegas para ofrecer a mellor formación posible aos nosos alumnos e desenvolver un sistema sólido de I+D+i que sexa, ademais, piar da economía de Galicia”, afirmou.

Pola súa banda, Feijóo, que participou no acto de entrega dos Premios Fin de Carreira, garantiu o compromiso do Goberno galego con todas as iniciativas “que permitan –dixo- un Sistema Universitario galego máis forte e competitivo, que se proxecte cara ao exterior, sempre, desde a colaboración e a cooperación interna”.

“Galicia é consciente do reto que supón estar ao nivel do sistema educativo europeo. Neste sentido, as nosas universidades saben ben da importancia dunha oferta de títulos coherente, racional e adaptada ás necesidades formativas que reclama o mercado laboral. Aínda que é certo que, no contexto do espazo europeo, as universidades están chamadas a competir, non é menos certo que só a competencia desde a cooperación permitirá a Galicia acadar o lugar que merece no panorama nacional e internacional universitario”, reiterou.

A educación, peza clave do desenvolvemento e o progreso
Para o titular do Executivo autonómico, a educación constitúe un dos máis potentes instrumentos para construír unha sociedade avanzada que aposte polo desenvolvemento e o progreso.

“Vos sodes un dos valores principais da nosa sociedade e motor de novos modelos de crecemento baseados no saber, no coñecemento, a innovación e a cultura; vos sodes pezas clave da nosa sociedade futura, e estades chamados a traballar pola modernización e o futuro de Galicia. Precisamos da vosa implicación no proxecto colectivo de mellorar Galicia”, afirmou o presidente galego, logo de felicitar aos 62 alumnos premiados e á comunidade universitaria.

Por último, Feijóo subliñou a importancia do coñecemento de varias linguas para lograr unha Galicia competitiva que se sitúe á cabeza de Europa “en crecemento, creatividade e, en definitiva, en benestar e en liberdade”.

“É tempo de facer unha instrospección doméstica e preguntarnos qué podemos facer para que a nosa forza non se disipe e aproveitar todo o noso potencial. A Galicia Global non é unha idea teórica, senón unha esixencia ineludible para que o noso país aproveite todas as súas capacidades no escenario global no que nos inserimos. Tamén no ámbito educativo”, concluíu.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2010-04-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES