Notas de prensa

Piscifactorías da Costa da Morte

ADEGA envía sendas cartas ós dous novos vicepresidentes da Xunta de Galicia solicitando que expliquen cal é o modelo de ordenación e planificación territorial que se está a desenvolver na Costa da Morte, o entender que existen importantes incompatibilidades na política desmesurada de promoción de macropiscifactorías en espacios declarados coma Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais.

Adega pregunta como é posible a conxugación de determinados proxectos de innegable impacto medioambiental e paisaxístico en espacios naturais protexidos e de recoñecido prestixio, coma son o Cabo Vilán (Camariñas), o cabo Touriñán (Muxía), ou a praia de Moreira (Touriñán , Muxía), e as proximidades dos baixos de As Lobeiras en Arou (Camariñas). Cando ademais outras actuacións de menor dano sobre o medio, ven limitado ou restrinxido o apoio da administración baixo o cumprimento rigoroso, neste caso si, da normativa medioambiental vixente. Así, recordamos que en decembro de 2003, ámbalas dúas Consellerías, esgrimían como argumento para o destino do Parador Nacional na Costa da Morte as limitacións que establecía a Rede Natura 2000.

Dende ADEGA lamentamos ó forte apoio que, principalmente, a Consellería de Pesca está a dar á promoción de macroinstalacións de acuicultura en espacios senlleiros da Costa da Morte, non entendendo o papel e participación, tanto da Consellería de Medio Ambiente coma a de Política territorial Obras Públicas e Vivenda, que por un lado declaran estes espacios baixo a denominación de protexidos e de especial conservación dos seus recursos naturais, e por outro, conceden validez ós estudios de impacto ambiental con declaracións favorables, e recalificacións do solo baixo o incumprimento ou modificación caprichosa de consideracións de tipo técnico e legal, lonxe do sentido común que calquera cidadán poida percibir. A ninguén deixa indiferente o tremendo impacto paisaxístico que produce a maior planta mundial de rodaballo no propio cabo Vilán, que paradóxicamente ostentou durante moitos anos á figura de lugar de interese paisaxístico nacional. Sorprende que un día despois de ser inaugurada se anuncie unha importante ampliación das instalacións, salvando novamente os obstáculos dunha avaliación ambiental máis rigorosa.

Cáles son os criterios que emprega a Xunta de Galicia no momento de establecer resolucións de actividades industriais en espacios protexidos, cando estudios de impacto ambiental, coma o da planta de Touriñán recoñecen un dano paisaxístico que acada incluso valores críticos, e que os seus residuos van orixinar a perdida da biodiversidade por desaparición progresiva de crustáceos e moluscos.

Adega pregunta se está a existir un trato de favor con certas compañías, e quen son os beneficiarios de todo esto, citando coma exemplo, e que seguramente se repite en Touriñán, a subvención de 8 millóns de euros para a planta de Vilán, e as facilidades para adquirir terreos a prezos irrisorio e sobre os que existían limitacións de uso impostas pola figura de protección, a cambio de 25 postos de traballo e un entorno paisaxístico moi deteriorado e considerado estratéxico para os intereses turísticos da Costa da Morte. Pregunta igualmente se garda relación a premura coa que se pretende iniciar as obras da macropiscifactoría de Touriñán, coa declaración definitiva da LIC Costa da Morte coma espacio da Rede Natura 2000 por parte da Unión Europea, posibilidade que podería facer incompatible a súa construcción.
Adega solicita que se paralice o proxecto de Touriñán, e outros, mentres non exista un Plan de Ordenación dos Recursos Naturais e un estudio rigoroso e de caracter multidisciplinar que estableza alternativas de desenvolvemento económico para a Costa da Morte e tendo en conta a súa riqueza patrimonial da paisaxe, ecolóxica e cultural.

Adega, 2004-09-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (orballo-cultural.jpg) O ciclo de concertos Orballo Cultural vén de presentar a súa edición 2025, que se celebrará entre os meses de maio a setembro. Este ciclo propón levar ata distintas localidades da xeografía galega, concretamente aos concellos de Estrada, Tomiño, O Porriño, Ribadavia, Muxía, Noia, Ferrol e Sanxenxo, a artistas da escena musical galega. Entre os nomes xa confirmados están Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Su Garrido Pombo, Herdeiros da Crus ou The Limboos. O ciclo Orballo Cultural busca unir a variada oferta musical de Galicia co patrimonio cultural e natural de distintas localidades, de tal modo que se pon en valor a rica variedade de opcións turísticas da comunidade. Ademais, integra a gastronomía e a artesanía como valores engadidos, nunha proposta que quere apostar pola sostibilidade e a igualdade.
Foto de la tercera plana (tesoureiras-de-noso.jpg) A exposición afonda na realidade das cantareiras dende o século XVIII ata os nosos días. Daquelas, as mulleres das aldeas tocaban por pura necesidade, xa que non había outra maneira de escoitar música ca creándoa. Frei Rosendo Salvado e Rosalía de Castro xa se interesaron no seu tempo polas cantigas populares galegas considerándoas 'pura poesía, sen artificio' a pesar de estar nunha lingua diferente da oficial e proviren de mulleres labregas, de clase baixa. Rosalía foi, de feito, quen máis se identificou con esa literatura, empatizando co sentimento do pobo e levándoo ás altas esferas da época. A mostra tamén recolle, a través de varios documentos, o interese de persoas estranxeiras como Dorothé Schubarth, Alan Lomax ou Gustav Henningsen pola nosa tradición.

Notas

A Universidade de Vigo participará en cinco novos proxectos para desenvolver tecnoloxías innovadoras no ámbito aeroespacial e farao da man de empresas de relevancia internacional que lle achegarán á institución preto de 1,5 millóns de euros. Estas novas iniciativas desenvolveranse no marco do Programa Tecnolóxico Espacial (PTE), promovido polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a través do Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI).
AWKE naceu co obxectivo de contribuír á mellora das competencias básicas, especialmente a competencia en comunicación lingüística, plurilingüe e intercultural. Apoia plans de transformación dixital en educación primaria e secundaria; isto inclúe o desenvolvemento da pedagoxía dixital e a experiencia no uso de ferramentas dixitais para os docentes, incluídas tecnoloxías accesibles e de apoio, e a creación e o uso innovador de contidos educativos dixitais.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES