Notas de prensa

Preséntase en Vigo a curtametraxe Outono

O sábado, día 11 de setembro de 2004, preséntase no café Bizarre de Vigo a curtametraxe Outono ás 19:15 hotras, a opera prima dun grupo de rapaces vigueses bautizado baixo o nome de Pobladores Produccións.

A curtametraxe, de quince minutos, está dirixida por Jesús P. Seoane e producida pola Universidade de Vigo. O seu argumento baséase no relato de Mario Benedetti El Hallazgo, pertencente ó seu último libro El porvenir de mi pasado. O autor uruguaio aprobou personalmente o proxecto.
O reparto está formado por Daniel Rodríguez Gago e Antonio Lamas Sánchez, dous distinguidos actores de grupos de teatro amateur da cidade olívica, quenes encarnan a historia de dous xubilados ós que lles custa adaptarse á vida moderna e que só atopan acougo nas súas frecuentes tardes de café recordando os seus tempos bohemios na Galicia existencialista. Unha misteriosa confesión que un dos dous lle contará ó seu amigo dará co suicido do protagonista, aportándolle un cariz diferencial ó relato.
En efecto, esta curtametraxe aborda os temas da incomprensión, a soidade e a mente anciana, controvertidamente afastada dos convencionalismos do mundo moderno, e abre o camiño a diversas liñas de reflexión.
A presentación
A presentación ten lugar o sábado ás 19:15 no café Bizarre, na rúa Irmandiños 11 de Vigo, lugar que se vén distinguindo polo seu manifesto compromiso coa nova cultura galega, tal e como testemuñan as exposicións permanentes de novos valores que organiza e as presentacións de diferentes obras audiovisuais que alberga, a última delas a prometedora curtametraxe Toxic Percebe.

Para este acto, os membros de Pobladores Produccións propoñeranlle ás 19:15 ó auditorio presente unha reflexión entorno a curtamentraxe xuvenil e amateur para proxectaren, acto seguido (ó redor das 19: 45), a súa curtamentraxe.
Como fin de festa, o cantautor Javier López-Valcárcel (solista do grupo Con Problemas en el Quinto) ofrece un breve concerto (20:00-20:30), no que interpretará algúns dos seus máis célebres temas, incluíndo a banda sonora orixinal que elaborou para Outono. Este rapaz vigués de 23 anos de idade e que está a despuntar en Madrid da man de Javi González ofreceuse a realizar a banda sonora da curtametraxe nada máis ler o seu guión.
Outono
Dúas son as cousas que máis destacan en Outono: o seu carácter galego e o seu argumento. O primeiro, case obrigado para un grupo de novos realizadores galegos que pese a teren desenvolvido outros proxectos, nunca reealizaran unha producción con marcado carácter galego. Pese a todo, as bonitas paisaxes do seu Vigo natal seduciron ós creadores para esbozaren un retrato de Vigo ó tempo de contar unha historia.
As propias esixencias argumentais do relato, levaron ó grupo a dividir a curtamentraxe en dous momentos diferenciados ó longo da súa edición ó xogaren tanto cos tempos como cos recursos visuais.
Así, a agonía vital reytratada se plasman nunha narración que discorre lenta para apurar ó ritmo a medida que transcorren os feitos, suliñando a idea da fugacidade coa que chega a morte tras unha lenta vida, e imbuíndo ó espectador no mundo dos soños e da intriga. Non en van, a narración está plagada de metáforas mortuorias como apertura de portas, cambios de acera, diálogos inquedantes,…
Xunto a estas especificacións, a dificultade de adaptar un relato dun escritor como Benedetti, célebre por escribir uns contos que, coma esta curtametraxe, transportan ó espectador da súa vida cotiá ó mundo ds sonos.
Con todo, o máis chamativo desta curtamentraxe é a súa mensaxe. I é que dende o principio os seus creadores coincidiron en querer facer unha obra con sentimento, transmitindo unha mensaxe da que curiosamente adoecen a maioría destas produccións.
A partires deste propósito narrativo é de onde se deberían concebir tódalas simboloxías en recursos técnicos citados.

Pobladores Produccións
Pobladores Produccións é o nome escollido para reunir a un grupo de estudiantes de Comunicación Audiovisual que, tras varias experiencias en solitario, se reunen para iniciar varios proxectos compartidos.
Outono, primeiro destes proxectos, presenta a particularidade de seren elaborado entre Madrid e Vigo, dado que nos meses de preproduccións houbo que coordinar ós memboros do grupo que traballaron dende Madrid cos que o facían dende Galicia. Pese o lento do método, esta situación conferiulle profundidade dramática ó proxecto.
De feito, e ante a boa experiencia que significou Outono, os membros do grupo xa traballan en dous novos proxectos: unha curtametraxe de ficción acerca do misticismo da cultura galega e un documental sobre a gaita.

Pobladores Produccións, 2004-09-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (orballo-cultural.jpg) O ciclo de concertos Orballo Cultural vén de presentar a súa edición 2025, que se celebrará entre os meses de maio a setembro. Este ciclo propón levar ata distintas localidades da xeografía galega, concretamente aos concellos de Estrada, Tomiño, O Porriño, Ribadavia, Muxía, Noia, Ferrol e Sanxenxo, a artistas da escena musical galega. Entre os nomes xa confirmados están Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Su Garrido Pombo, Herdeiros da Crus ou The Limboos. O ciclo Orballo Cultural busca unir a variada oferta musical de Galicia co patrimonio cultural e natural de distintas localidades, de tal modo que se pon en valor a rica variedade de opcións turísticas da comunidade. Ademais, integra a gastronomía e a artesanía como valores engadidos, nunha proposta que quere apostar pola sostibilidade e a igualdade.
Foto de la tercera plana (tesoureiras-de-noso.jpg) A exposición afonda na realidade das cantareiras dende o século XVIII ata os nosos días. Daquelas, as mulleres das aldeas tocaban por pura necesidade, xa que non había outra maneira de escoitar música ca creándoa. Frei Rosendo Salvado e Rosalía de Castro xa se interesaron no seu tempo polas cantigas populares galegas considerándoas 'pura poesía, sen artificio' a pesar de estar nunha lingua diferente da oficial e proviren de mulleres labregas, de clase baixa. Rosalía foi, de feito, quen máis se identificou con esa literatura, empatizando co sentimento do pobo e levándoo ás altas esferas da época. A mostra tamén recolle, a través de varios documentos, o interese de persoas estranxeiras como Dorothé Schubarth, Alan Lomax ou Gustav Henningsen pola nosa tradición.

Notas

A Universidade de Vigo participará en cinco novos proxectos para desenvolver tecnoloxías innovadoras no ámbito aeroespacial e farao da man de empresas de relevancia internacional que lle achegarán á institución preto de 1,5 millóns de euros. Estas novas iniciativas desenvolveranse no marco do Programa Tecnolóxico Espacial (PTE), promovido polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a través do Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI).
AWKE naceu co obxectivo de contribuír á mellora das competencias básicas, especialmente a competencia en comunicación lingüística, plurilingüe e intercultural. Apoia plans de transformación dixital en educación primaria e secundaria; isto inclúe o desenvolvemento da pedagoxía dixital e a experiencia no uso de ferramentas dixitais para os docentes, incluídas tecnoloxías accesibles e de apoio, e a creación e o uso innovador de contidos educativos dixitais.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES