Notas de prensa

Comezan no Campus de Santiago dous encontros internacionais de Química Orgánica e Inorgánica respectivamente

A Universidade de Santiago acolle a partir do sábado, día 11 de setembro, dous encontros internacionais vinculados coa Química Orgánica e a Química Inorgánica respectivamente.

Deste xeito, o sábado, día 11, comezarán as sesións científicas do 5º Spanish-Italian Symposium on Organic Chemistry (SISOC-5), e o luns, día 13, as do I Spanisch-Deutsches Wissenschatliches Kolloquium von Arbeitsgruppen für Anorganische Chemie.
SISOC-5
O SISOC-5, que se vai desenvolver ata o luns, día 13, desenvolverase na Aula Magna da Facultade de Química, organizado polo profesor Luis Castedo.
No programa deste encontro ítalo-español está prevista a presentación de 25 ponencias convidadas ademais de paneis, das que 12 son de especialistas italianos, outras tantas españolas e unha francesa. Neste simposio participarán investigadores das universidades de Oviedo, Barcelona, Toledo, Politécnica de Valencia, Zaragoza, Murcia, San Pablo-CEU, Salamanca, Málaga, A Coruña, Bilbao, Milán, Roma, Pádova, Venecia, Nápoles, Bari, Florencia, Siena, Bolonia, René Descartes de París, ademais do CSIC-Sevilla.
O SISOC-5 forma parte dunha serie de encontros científicos bilaterais entre España e Italia, celebrándose alternativamente nestes países cada dous anos. Os encontros celebrados con anterioridade ao de Santiago tiveron lugar en Valencia, Lecce, Málaga e Perugia. Os simposios están patrocinado pola División de Química Orgánica da Real Sociedad Española de Química e da Sociedade Química Italiana.
I Spanisch-Deutsches Wissenschatliches Kolloqium von Arbeitsgruppen für Anorganische Chemie
O I Spanisch-Deutsches Wissenschatliches Kolloquium von Arbeitsgruppen für Anorganische Chemie, que agrupa o desenvolvemento da 11ª Reunión Científica Plenaria de Química Inorgánica e da 5ª Reunión Científica Plenaria de Química do Estado Sólido, iniciará o seu programa científico o luns, día 13.
A estas xuntanzas científicas, que organiza o Departamento de Química Inorgánica da USC baixo a dirección do profesor Alfonso Castiñeiras, está prevista a asistencia de preto de 250 investigadores españois e alemáns, así como a exposición dun total de 205 ponencias ao longo dos catro días que dura este encontro internacional.
A programación científica do coloquio iniciaranse o luns, día 13, ás 9:00 horas na Residencia Universitaria Monte da Condesa nunha sesión de apertura presidida polo vicerreitor de Investigación e Innovación, Eduardo García Rodeja, ao que lle seguirá a conferencia que impartirá o director do Instituto de Nanotecnoloxía da Universidade de Karlsruhe (Alemania), Dieter Fenske, sobre as investigacións que vén realizando no campo dos ‘clusters moleculares’ como nanomateriais. Con esta conferencia preténdese incidir no impacto que a nanotecnoloxía terá na Química, na medida en que esta dimensión nanométrica abre un mundo inédito de propiedades físicas dos materiais aínda inexplorados.
Para acadar máis información de ambos os dous encontros as persoas interesadas poden consultar as seguintes páxinas web: http://www.usc.es/sisoc/ (SISOC-5) e http://www.usc.es/qies04/ (Qies04).

Gabinete de Comunicación USC, 2004-09-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (orballo-cultural.jpg) O ciclo de concertos Orballo Cultural vén de presentar a súa edición 2025, que se celebrará entre os meses de maio a setembro. Este ciclo propón levar ata distintas localidades da xeografía galega, concretamente aos concellos de Estrada, Tomiño, O Porriño, Ribadavia, Muxía, Noia, Ferrol e Sanxenxo, a artistas da escena musical galega. Entre os nomes xa confirmados están Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Su Garrido Pombo, Herdeiros da Crus ou The Limboos. O ciclo Orballo Cultural busca unir a variada oferta musical de Galicia co patrimonio cultural e natural de distintas localidades, de tal modo que se pon en valor a rica variedade de opcións turísticas da comunidade. Ademais, integra a gastronomía e a artesanía como valores engadidos, nunha proposta que quere apostar pola sostibilidade e a igualdade.
Foto de la tercera plana (tesoureiras-de-noso.jpg) A exposición afonda na realidade das cantareiras dende o século XVIII ata os nosos días. Daquelas, as mulleres das aldeas tocaban por pura necesidade, xa que non había outra maneira de escoitar música ca creándoa. Frei Rosendo Salvado e Rosalía de Castro xa se interesaron no seu tempo polas cantigas populares galegas considerándoas 'pura poesía, sen artificio' a pesar de estar nunha lingua diferente da oficial e proviren de mulleres labregas, de clase baixa. Rosalía foi, de feito, quen máis se identificou con esa literatura, empatizando co sentimento do pobo e levándoo ás altas esferas da época. A mostra tamén recolle, a través de varios documentos, o interese de persoas estranxeiras como Dorothé Schubarth, Alan Lomax ou Gustav Henningsen pola nosa tradición.

Notas

A Universidade de Vigo participará en cinco novos proxectos para desenvolver tecnoloxías innovadoras no ámbito aeroespacial e farao da man de empresas de relevancia internacional que lle achegarán á institución preto de 1,5 millóns de euros. Estas novas iniciativas desenvolveranse no marco do Programa Tecnolóxico Espacial (PTE), promovido polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a través do Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI).
AWKE naceu co obxectivo de contribuír á mellora das competencias básicas, especialmente a competencia en comunicación lingüística, plurilingüe e intercultural. Apoia plans de transformación dixital en educación primaria e secundaria; isto inclúe o desenvolvemento da pedagoxía dixital e a experiencia no uso de ferramentas dixitais para os docentes, incluídas tecnoloxías accesibles e de apoio, e a creación e o uso innovador de contidos educativos dixitais.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES