Notas de prensa

As tres universidades galegas insisten en que a Xunta debe asumir as consecuencias do recorte orzamentario

As Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo que forman parte do SUG insisten en que a Xunta de Galicia debe asumir as consecuencias de rachar a correlación entre o financiamento e a calidade.

Ante o comunicado feito público o pasado martes, 29 de decembro, pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en relación ao financiamento universitario, os reitores das universidades galegas desexan manifestar publicamente o seguinte:

1. O documento, lonxe de ser informativo, inclúe acusacións e valoracións que consideramos absolutamente improcedentes. Non é o momento, nin o estilo, nin o ton apropiados de quén debe dirixir e conciliar o Sistema Universitario de Galicia (SUG). Polo contrario, a nota feita pública pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria representa, na nosa opinión, a antítese do que debe ser un modelo de traballo e de responsabilidade a nivel universitario na nosa Comunidade Autónoma.

2. Colectiva ou individualmente as universidades farán as oportunas aclaracións sobre os datos e afirmacións erróneas e confusas que se inclúen en dito comunicado.

3. Por descontado, a Xunta de Galicia ten toda a lexitimidade para facer os recortes orzamentarios que considere oportunos no SUG, pero debe asumir con claridade as consecuencias desas decisións. En todos os sistemas universitarios do mundo hai unha correlación estreita entre financiamento e calidade. Non lle podemos pedir ás universidades máis e mellor formación, a súa internacionalización, a creación de novo coñecemento, desenvolvemento tecnolóxico e a súa transferencia, máis patentes, máis emprendemento... e ao mesmo tempo reducir o seu financiamento. Isto é confundir. Todos estes obxectivos necesitan máis recursos; e temos que dicilo con claridade ou enganamos á sociedade.

4. O Sistema Universitario Galego (SUG) é un dos peor financiados do Estado, e perdeu claramente posicións na última década. Hai tempo que as universidades vimos demandando un novo Plan de Financiamento, ante a perda de vixencia do actual, a súa falta de adecuación ás múltiples responsabilidades universitarias e a non consideración de compromisos xa vixentes, como o Espazo Europeo de Educación Superior. Por iso, por responsabilidade, os reitores das universidades galegas non nos debemos retirar do debate orzamentario.

5. Mentres non entre en vigor un novo Plan de Financiamento, demandamos do goberno galego un esforzo económico suficiente para que as nosas universidades non perdan oportunidades nin debiliten as súas capacidades docentes, de investigación e de transferencia de resultados, sobre todo ao tecido socioeconómico galego. Algo debera quedar claro no frontispicio desde debate: as universidades sufrimos dificultades financeiras que sinalan, sobre todo, un problema importante para o país e os seus gobernantes.

6. Nun escenario constante de financiamento insuficiente, as universidades galegas vimos facendo esforzos importantes para suplir a falta de recursos, traballando desde a transparencia, o rendemento de contas e a profesionalidade, e o noso esforzo está sendo aínda maior por mor da crise económica que a todos nos afecta. Sen embargo, ignorar ou desatender sen máis as necesidades das universidades leva sen remisión a debilitar a súa eficacia como institucións imprescindibles e centrais nunha sociedade que aspira a ter unha maior calidade de vida e a situarse nas economías baseadas no coñecemento.

Galicia enteira debería esixir dos seus gobernantes e das súas universidades que traballen desde o diálogo e a cooperación, e máis no actual escenario económico, para aspirar a ter unha sociedade mellor e máis desenvolvida. Os responsables das tres universidades galegas así o creemos.

Comunicado conxunto da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de A Coruña e a Universidade de Vigo, 2009-12-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES