Notas de prensa

O BNG lamenta a paralización do sector das artes escénicas

O BNG critica a paralización que sofre, ao seu entender, o sector das artes escénicas e critica que a Xunta non cumpra os compromisos establecidos no Plan Galego das Artes Escénicas.

A portavoz de Cultura e deputada do BNG, Ana Pontón considera que só “a actitude de revanchismo do Partido popular co anterior goberno” fai que as artes escénicas vexan paralizado o PGAE coa conxelación de fundos, así como “unha manifesta incapacidade” para nomear as persoas que deben dirixir o Centro Dramático Galego e o Centro Coreográfico Galego.

Para a deputada do Bloque Nacionalista Galego, unha vez máis, o Partido popular “minte cando fala de débedas, en relación con AGADIC” e reitera que o problema económico “foi creado polo actual goberno ao retirarlle un 1 millón de euros a esta asociación sen explicar cal será o destino deses fondos”.

A deputada nacionalista lembra que o Plan Galego das Artes Escénicas tiña varios obxectivos entre os que cumpre salientar: promover a dimensión sociocultural das actividades escénicas, consolidar e fomentar os procesos de creación, innovación e formación, así como poñer en valor o patrimonio escénico galego, potenciar e promover as industrias vinculadas ás artes escénicas en Galiza e consolidar o seu mercado.

Asemade, Pontón afirma que para o desenvolvemento destas liñas estaban destinados un total de 65 millón de euros entre 2008-2011 e que agora os anuncios do Goberno galego só confirma o que xa tiña denunciado o BNG: “ estes meses foron de total parálise no ámbito cultural e o Goberno do PP lonxe, de impulsar e promocionar a nosa cultura, é un atranco no seu desenvolvemento”.

Ana Pontón cualifica de “irresponsábel” a actitude da Consellaría de Cultura que ante un ano Xacobeo , está a permitir que “o teatro e a danza institucionais sigan descabezados”.

Asemade, denuncia que na liña para potenciar e promover as industrias vinculadas ás artes escénicas no ano 2010, xa estaba prevista unha dotación de 3 millóns de euros, dotación que agora o conselleiro anuncia conxelará.

Finalmente, a deputada do BNG reclama unha rectificación da Rede de Teatro incrementando os recursos para a distribución e exhibición da produción galega e recomenda que a Consellaría de Cultura retome a filosofía do Plan Galego das Artes Escénicas no que atinxe a “ garantir a existencia dos espectáculos de teatro e danza feitos en Galiza dentro dos contextos xeográfico e cultural globais, mediante a progresiva capitalización ,modernización e autonomía dos seus xeitos de produción.”

Gabinete de Comunicación do BNG, 2009-12-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (terceira-idade.jpg) A posta en marcha do Rexistro galego de persoas centenarias, Regace, sitúa Galicia nunha posición de referencia para o estudo da lonxevidade, posibilitando coñecer mellor as claves deste fenómeno e afrontar os retos que presenta. Preto de 1.800 persoas de cen ou máis anos viven na comunidade galega, o que supón ao redor do 12 % de toda a poboación centenaria de España, un dato que fala da realidade demográfica de Galicia e reflicte unha oportunidade única para aprender, investigar e avanzar. Deste xeito, Galicia presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire: 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, superando en ambos os casos a media estatal.
Foto de la tercera plana (cgac-2021.jpg) A mostra a 'Illa ignorada' estará aberta ata o 12 de febreiro de 2027 e toma o seu título do primeiro poemario da escritora Gloria Fortes. Nela cabe destacar os traballos tanto dos artistas galegos Alberto Ardid, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Fina Mantiñán, Juan Carlos Meana, Ariadna Silva, Seoane e María Elena Montero, como os de Abel Azcona, Amparo Garrido, Regina Giménez, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Ãñigo Royo, Regina Silveira. Ademais desta nova mostra, o centro tamén inaugurou a ampliación, no dobre espazo do Centro Galego de Arte Contemporánea, da exposición Misha Bies Golas, que abriu ao público o pasado 22 de maio cunha escolma de máis de dúas décadas da creación heteroxénea do lalinense Miguel Calvo Ulloa, un dos fundadores do colectivo Nova Escultura Galega.

Notas

'A Galicia inédita' reúne obras de profesionais do fotoxornalismo que desenvolven o seu quefacer en medios de comunicación de Galicia, complementadas con lendas de corte literario ou informativo, elaboradas por membros da APG e outros xornalistas que tamén traballan na nosa comunidade autónoma. As imaxes captan todo tipo de acontecementos, lugares e personaxes, dende a vertente máis costumbrista ata sucesos de actualidade.
Persoal investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña (UDC) desenvolveu unha nova estratexia para o transporte de material xenético ao interior das células mediante vesículas formadas por lipopéptidos catiónicos autoensamblables. O traballo representa un avance no desenvolvemento de sistemas non virais para terapia xénica, un dos campos con maior potencial para o tratamento de enfermidades de base xenética e para a medicina rexenerativa.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES