A SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica da ConsellerÃa de Educación e Ordenación Universitaria está a centrar o seu labor respecto dos profesores lectores de galego en mellorar o seu proceso de formación e mais a coordinación do seu traballo. Asà o anunciou o responsable deste departamento, Anxo Lorenzo, na inauguración das xornadas formativas que PolÃtica LingüÃstica organiza na EGAP para os trinta e catro lectores de lingua, literatura e cultura galegas que desenvolven a súa actividade docente en universidades de Europa e América.
Respecto da formación, o secretario xeral incidiu en que PolÃtica LingüÃstica está a traballar na apertura de novas vÃas a distancia para favorecer un proceso formativo continuado dos profesores lectores de galego. Asà mesmo, Anxo Lorenzo destacou que a secretarÃa xeral, da que os profesores lectores son partÃcipes, “está a afondar na coordinación e administración do labor que se desenvolve nos lectorados”, asà como na difusión das actividades que se levan a cabo, para o que poñerá en marcha un espazo virtual o próximo ano. Neste sentido, o secretario xeral anunciou que, de acordo coas necesidades e prioridades expresadas polos lectores, PolÃtica LingüÃstica desenvolverá e difundirá novos materiais e documentos que faciliten o seu traballo. Ao mesmo tempo, ofrecerá un programa coordinado de actividades culturais que poidan ser de interese para poñer en marcha desde os lectorados de galego.
Docentes, embaixadores do galego e dinamizadores culturais
O responsable de PolÃtica LingüÃstica recoñeceu o importante labor dos lectores de galego, “unha tarefa que é, ao mesmo tempo, gratificante e ampla”, e destacou o seu triplo papel como “docentes, embaixadores da lingua e a cultura galegas e mais dinamizadores culturais”. Asà mesmo, incidiu en que a proxección da lingua e da cultura galegas, que recolle o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, segue sendo un obxectivo prioritario para o departamento que dirixe.
Ofrecer estratexias e novos recursos
As xornadas “Achegamento á didáctica da lingua e da literatura galegas para estranxeiros e estratexias de animación grupal e dinámicas de grupo” están centradas na temática da lingua e da literatura galegas para estranxeiros. A través desta actividade, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo busca achegarlles aos lectores de galego estratexias e recursos que favorezan o desenvolvemento da súa actividade nas universidades onde están realizando o seu labor a prol da lingua e da cultura galegas. Ao mesmo tempo, estas xornadas formativas contan con dúas sesións dedicadas ás técnicas de dinámicas de grupo e de traballos cooperativos.
Trinta e catro lectores de galego en universidades de Europa e América
Actualmente, a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica conta con trinta e catro profesores lectores de galego que desenvolven a súa actividade en diversas universidades de Europa e América. No que respecta a España, Barcelona, Bilbao, Cáceres, Granada, Madrid, Murcia, Salamanca, Vitoria e Alacante contan con profesores lectores de lingua e literatura galegas. No resto de Europa tamén existen centros de estudos galegos en universidades de Francia, Irlanda, Italia, Polonia, Portugal, Reino Unido, Alemaña e Croacia. En canto ao continente americano, os profesores lectores de galego desenvolven o seu labor en Brasil, Cuba e Uruguai.
A actividade dos lectorados
Ademais da actividade docente de lingua, literatura e cultura galegas, os lectores desenvolven un programa variado e amplo de actividades culturais de todo tipo que facilitan a proxección internacional e o coñecemento da lingua e da cultura galegas ao público universitario e á cidadanÃa en xeral, como conferencias, recitais, ciclos de cinema e de banda deseñada en galego ou a posta en marcha de diversas iniciativas para conmemorar o DÃa das Letras Galegas.
A posta en marcha do Rexistro galego de persoas centenarias, Regace, sitúa Galicia nunha posición de referencia para o estudo da lonxevidade, posibilitando coñecer mellor as claves deste fenómeno e afrontar os retos que presenta. Preto de 1.800 persoas de cen ou máis anos viven na comunidade galega, o que supón ao redor do 12 % de toda a poboación centenaria de España, un dato que fala da realidade demográfica de Galicia e reflicte unha oportunidade única para aprender, investigar e avanzar. Deste xeito, Galicia presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire: 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, superando en ambos os casos a media estatal.
A mostra a 'Illa ignorada' estará aberta ata o 12 de febreiro de 2027 e toma o seu tÃtulo do primeiro poemario da escritora Gloria Fortes. Nela cabe destacar os traballos tanto dos artistas galegos Alberto Ardid, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Fina Mantiñán, Juan Carlos Meana, Ariadna Silva, Seoane e MarÃa Elena Montero, como os de Abel Azcona, Amparo Garrido, Regina Giménez, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Ãñigo Royo, Regina Silveira. Ademais desta nova mostra, o centro tamén inaugurou a ampliación, no dobre espazo do Centro Galego de Arte Contemporánea, da exposición Misha Bies Golas, que abriu ao público o pasado 22 de maio cunha escolma de máis de dúas décadas da creación heteroxénea do lalinense Miguel Calvo Ulloa, un dos fundadores do colectivo Nova Escultura Galega.