Notas de prensa

Xacobeo e Sónar 2010 confirman a actuación de Air e de LCD Soundsystem

O Festival Internacional de Música Avanzada e Arte Multimedia -Sónar 2010- confirma aos dous cabezas de cartel para as edicións de Sónar Barcelona e Sónar A Coruña os días 17, 18 e 19 de xuño: Air e LCD Soundsystem.

Xacobeo 2010 e o Festival Internacional de Música Avanzada e Arte Multimedia veñen de facer públicos os nomes dos dous cabezas de cartel para a edición que se celebrará de forma simultánea en Barcelona e A Coruña entre o 17 e o 19 de xuño. Sónar 2010 presenta ao dúo francés “Air” e a banda neoiorquina “LCD Soundsystem”, dous nomes de primeiro nivel que están contribuíndo a redefinir as relacións entre o pop, o rock e a música electrónica ao longo desta última década.

Sónar 2010 comunica as actuacións estrela do cartel logo de pór a venda as diferentes modalidades de entradas para Sónar Barcelona cun prezo especial e reducido ata o 31 de xaneiro de 2010. Proximamente, informarase sobre a venda de entradas para o Sónar Galicia, que posuirán características e prezos similares aos da edición catalá. A banda de disco-punk neoiorquina achegará a Galicia o seu espectáculo o xoves 17 de xuño, namentres que “Air”, actuará en A Coruña o sábado 19.

AIR, savoir-faire atmosférico

“Air” presentarán en Sónar 2010 o seu extenso repertorio de éxitos e o seu flamante novo álbum "Love 2" (Virgin, 2009), un disco que prosegue a liña marcada polo dúo francés no seu xa clásico "Moon Safari" (1998): a fusión do pop proto-futurista dos anos sesenta e setenta con elementos diversos extraídos da psicodelia, a música lounge e as bandas sonoras de filmes europeos underground.

"Love 2" é a continuación lóxica dos anteriores "Talkie walkie" (2004) e "Pocket symphony" (2007), coleccións de miniaturas synth-pop de elaboración coidadosa, delicadas, e co elemento melódico envolvente que seduciu ao longo dos anos a un público heteroxéneo. Coa gran novidade de que este é o primeiro albume no que os parisinos Jean-Benoît Dunckel e Nicolas Godin non contan con ningunha colaboración externa -vocalistas, pianistas, lendas da música electrónica francesa, etc.- sendo, por tanto, unha obra completamente auto-producida e o máis persoal.

LCD Soundsystem, disco-punk neoiorquino

LCD Soundsystem aportarán o seu exquisito son disco-punk ao escenario principal de Sónar de Noite, tanto en Barcelona como A Coruña. A banda de Nova Iorque liderada polo carismático James Murphy, que ten previsto editar o seu terceiro albume durante o primeiro semestre de 2010, está actualmente enfrascada nun estudio de Los Ãngeles na delicada gravación do disco que tomará o relevo a "Sound of Silver" (DFA, 2007).

Este traballo constitúe unha referencia esencial para comprender fenómenos musicais recentes como a reactivación da música disco mutante e o post-punk dos anos 80, o diálogo en plano de igualdade entre bandas de rock e DJs, e o renovado reinado de Nova Iorque como motor da modernidade, integrando nun mesmo discurso referencias por igual a Joy Division, Kraftwerk, Brian Eno, Larry Levan, el krautrock o Suicide. Unha versión de "Bye bye Bajou" de Alan Vega, vocalista de Suicide, é precisamente o último material que publicou por agora James Murphy nun vinilo exclusivo e limitado que ten que funcionar como anticipo do álbum completo.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2009-12-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) A intelixencia artificial (IA), a súa gobernanza e o impacto na organizacións públicas centraron o II Encontro de Equipos de Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC) das comunidades autónomas, celebrado hoxe en Madrid, no marco do Foro de Dixitalización das Comunidades Autónomas.A Xunta de Galicia estivo representada polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey, ao que acompañaron os responsables da Xerencia e das áreas de Administración Dixital, Infraestruturas e Seguridade, Solucións Tecnolóxicas Sectoriais, Transformación Dixital da Facenda Pública e a Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación.
Foto de la tercera plana (incendios-xente.jpg) Deseñado e posto en marcha pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través de MeteoGalicia —un servizo meteorolóxico de referencia na Comunidade—, o chamado Sistema de Propagación de Incendios de Galicia (Spigal) permitirá dotar o operativo de loita contra o lume da Xunta dunha ferramenta tecnolóxica propia con capacidade para adaptarse á realidade en vivo, comparar distintos escenarios de evolución dun mesmo incendio e avaliar as medidas e actuacións en materia de extinción. Spigal superou xa unha fase de probas a partir dos datos reais dos incendios do verán pasado e está listo para entrar en funcionamento.

Notas

Las principales empresas agroalimentarias de la provincia de Lugo, junto con equipos investigadores del Campus Terra (USC), participarán esta semana en un encuentro estratégico con cuatro objetivos alimentación, salud, longevidad y robótica con una delegación empresarial procedente de China y Japón.
Ãlvaro Mourenza, investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña e do grupo EXPRELA do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), liderou un estudo internacional que identifica unha nova estratexia terapéutica para combater infeccións causadas por Staphylococcus aureus, unha das bacterias resistentes aos antibióticos de maior relevancia clínica a nivel mundial.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES