Notas de prensa

Entregados os galardóns do Certame Galego de Creadores Novos

O certame comprende un total de 11 especialidades, nas que podían participar persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos, e entre as que figuran: teatro, artes plásticas (pintura, escultura, fotografía e instalacións), deseño de xoias, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti e carteis.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, reivindicou a relevancia da creatividade como valor á fomentar entre a mocidade e fixo unha chamada de atención sobre o “enorme capital humano” que son os mozos e mozas galegos.

Así o asegurou durante a entrega de premios do Certame Galego de Creadores Novos, no que participaron un total de 315 mozos e mozas –de entre 16 e 30 anos- que presentaron as súas obras a un total de 11 especialidades: teatro, artes plásticas (pintura, escultura, fotografía e instalacións), deseño de xoias, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti e carteis. O primeiro premio estivo dotado con 3.000 euros, o segundo con 1.500 e o terceiro con 1.000 euros.

“Este certame é un xeito de darvos voz”, declarou a conselleira, quen sinalou que o Goberno galego está “plenamente comprometido” coa mocidade, en tanto “os mozos e mozas non só son o futuro, senón que teñen que contar con responsabilidades xa no presente”.

Mato apostou por devolver á xuventude “a participación que merece” e por sacar á luz a súa capacidade creadora. “As creacións permítennos saber máis das vosas inquedanzas e posibilidades”, proseguiu.

Ademais, defendeu a creatividade como un “don esencial”, especialmente en plena crise, “cando o que mandan son as cifras”.

A este respecto, lembrou que a Xunta traballa no deseño do Plan de Emprego Xuvenil, co fin de mellorar as posibilidades de inserción laboral e de desenvolvemento profesional da xuventude, tendo en conta, tamén, os valores que a mocidade pode achegar como “a concienciación medioambiental, a solidariedade e a creatividade que aquí queda hoxe reflectida”.

Finalmente, felicitou a todos os participantes do certame e convidounos a continuar traballando polos seus soños “como artistas que xa sodes”. “Agardamos que as representacións, mostras e difusión das vosas obras sirvan para dar un pulo ás vosas carreiras como artistas e creadores, e para que a sociedade galega coñeza mellor aos seus mozos e mozas”, declarou.

Tres premios por especialidade

Por cada especialidade, establecéronse tres premios, ademais da posibilidade de outorgar mencións de honra. Deste xeito, ao primeiro premio correspóndenlle 3.000 euros; ao segundo, 1.500 e, ao terceiro, 1.000.

É preciso sinalar que algunhas especialidades contan con axudas económicas para os participantes que sexan seleccionados para a fase final, para compensar os custos que isto lles supoña.

A Dirección Xeral de Xuventude busca, ademais de premiar, difundir ao máximo posible as obras do participantes a través de actuacións, desfiles, publicacións e catálogos.

Por exemplo, na modalidade de moda (Tesoira), celebrouse un desfile de moda en Vigo cos dez finalistas, retransmitido pola Televisión de Galicia. No caso de teatro, as cinco obras da fase final foron representadas en Lalín, Rois e Santiago de Compostela, mentres que os seis grupos finalistas en música actuaron na sala Capitol de Santiago.

No que respecta ao deseño de xoias e artes plásticas, as obras finalistas foron expostas no Centro Comercial de El Corte Inglés de Santiago, e as de banda deseñada na Casa da Xuventude de Ourense.

No caso da modalidade de graffitti, os finalistas pintaron sobre murais de 4 por dous metros as súas obras no Instituto Rosalía de Castro.

Os primeiro premios nas distintas modalidades son os seguintes: en teatro, Tangatutanga; en música, Chotokoeu; Erika Trommer en deseño de xoias; en artes plásticas, Beatriz Suárez; Brais Rodríguez en banda deseñada; en carteis, Celestino Barreiro; en moda, Rosa Martínez; en poesía, David Pérez e en relato breve, Andrés Carrasco; Juan Silva en videocreación; e, finalmente, David Brey en Graffitti,

Os premios en moda e banda deseñada xa foron entregados en Vigo e Ourense, respectivamente.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, 2009-12-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) A intelixencia artificial (IA), a súa gobernanza e o impacto na organizacións públicas centraron o II Encontro de Equipos de Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC) das comunidades autónomas, celebrado hoxe en Madrid, no marco do Foro de Dixitalización das Comunidades Autónomas.A Xunta de Galicia estivo representada polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey, ao que acompañaron os responsables da Xerencia e das áreas de Administración Dixital, Infraestruturas e Seguridade, Solucións Tecnolóxicas Sectoriais, Transformación Dixital da Facenda Pública e a Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación.
Foto de la tercera plana (incendios-xente.jpg) Deseñado e posto en marcha pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través de MeteoGalicia —un servizo meteorolóxico de referencia na Comunidade—, o chamado Sistema de Propagación de Incendios de Galicia (Spigal) permitirá dotar o operativo de loita contra o lume da Xunta dunha ferramenta tecnolóxica propia con capacidade para adaptarse á realidade en vivo, comparar distintos escenarios de evolución dun mesmo incendio e avaliar as medidas e actuacións en materia de extinción. Spigal superou xa unha fase de probas a partir dos datos reais dos incendios do verán pasado e está listo para entrar en funcionamento.

Notas

Las principales empresas agroalimentarias de la provincia de Lugo, junto con equipos investigadores del Campus Terra (USC), participarán esta semana en un encuentro estratégico con cuatro objetivos alimentación, salud, longevidad y robótica con una delegación empresarial procedente de China y Japón.
Ãlvaro Mourenza, investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña e do grupo EXPRELA do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), liderou un estudo internacional que identifica unha nova estratexia terapéutica para combater infeccións causadas por Staphylococcus aureus, unha das bacterias resistentes aos antibióticos de maior relevancia clínica a nivel mundial.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES