Notas de prensa

A Coral Lugh presentou o CD Non chores, Sabeliña

O vicepresidente da Deputación destacou que Non chores, Sabeliña foi o primeiro texto escrito e publicado en galego logo da Guerra Civil española, cando o uso desta lingua aínda estaba moi vixiado. A Coral Lugh impulsa a zarzuela galega.

O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, participou no salón de actos do Pazo de San Marcos na presentación do CD “Non chores, Sabeliña”, un disco que recolle esta zarzuela galega interpretada pola coral Lugh e que se editou grazas ao apoio da Ãrea de Cultura da Deputación. Na presentación, xunto ao vicepresidente da Deputación, estiveron Fernando Gómez Jácome, director da coral Lugh, Lucas de las Heras Medina, presidente de Xungalú e Xoán Carballal, director da Orquestra de Xove. Como presentación do CD, membros do coro Lugh, de voces masculinas e femininas, interpretaron pezas da zarzuela “Non chores, Sabeliña”, que foi escrita por Trapero Pardo e musicada polo compositor lucense Gustavo Freire.

Antón Bao expresou a súa satisfacción “por poder colaborar a través da Ãrea de Cultura da Deputación nun proxecto deste calado, co que se dá un impulso á recuperación desta zarzuela galega a través do apoio ao asociacionismo lucense”. Do mesmo xeito, o vicepresidente da Deputación lembrou que a zarzuela “Non chores, Sabeliña”, ademais de ter especial valor por ser unha das pezas cumio do compositor lucense Gustavo Freire, constitúe “o primeiro texto escrito e publicado en lingua galega logo da Guerra Civil española, unha época na que o uso do galego estaba moi vixiado”.

O proxecto de interpretar a zarzuela “Non chores, Sabeliña” foi posto en marcha pola asociación Xungalú hai xa uns cantos anos, e levouse a cabo a través do apoio de varias institucións, entre elas a Ãrea de Cultura da Deputación de Lugo, e gracias ao traballo da coral Lugh, que dirixe Fernando Gómez Jácome, e á interpretación musical da Orquestra de Xove. Hoxe, cun éxito de público, presentouse un CD que recolle, detrás da zarzuela galega “Non chores, Sabeliña”, os esforzos dun conxunto de colectivos lucenses na recuperación e posta en valor, no lugar que se merece, das creacións de dous insignes lucenses como foron o escritor e xornalista Trapero Pardo e o compositor e músico Gustavo Freire.

Vítor Otero (xefe de Gabinete da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo), 2009-12-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) A intelixencia artificial (IA), a súa gobernanza e o impacto na organizacións públicas centraron o II Encontro de Equipos de Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC) das comunidades autónomas, celebrado hoxe en Madrid, no marco do Foro de Dixitalización das Comunidades Autónomas.A Xunta de Galicia estivo representada polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey, ao que acompañaron os responsables da Xerencia e das áreas de Administración Dixital, Infraestruturas e Seguridade, Solucións Tecnolóxicas Sectoriais, Transformación Dixital da Facenda Pública e a Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación.
Foto de la tercera plana (incendios-xente.jpg) Deseñado e posto en marcha pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través de MeteoGalicia —un servizo meteorolóxico de referencia na Comunidade—, o chamado Sistema de Propagación de Incendios de Galicia (Spigal) permitirá dotar o operativo de loita contra o lume da Xunta dunha ferramenta tecnolóxica propia con capacidade para adaptarse á realidade en vivo, comparar distintos escenarios de evolución dun mesmo incendio e avaliar as medidas e actuacións en materia de extinción. Spigal superou xa unha fase de probas a partir dos datos reais dos incendios do verán pasado e está listo para entrar en funcionamento.

Notas

Las principales empresas agroalimentarias de la provincia de Lugo, junto con equipos investigadores del Campus Terra (USC), participarán esta semana en un encuentro estratégico con cuatro objetivos alimentación, salud, longevidad y robótica con una delegación empresarial procedente de China y Japón.
Ãlvaro Mourenza, investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña e do grupo EXPRELA do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), liderou un estudo internacional que identifica unha nova estratexia terapéutica para combater infeccións causadas por Staphylococcus aureus, unha das bacterias resistentes aos antibióticos de maior relevancia clínica a nivel mundial.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES