Notas de prensa

A USC oferta once materias de nivelación para que os alumnos de novo acceso reforcen os coñecementos específicos requeridos na súa titulación

A Universidade de Santiago quere, por cuarto ano consecutivo, facilitar a incorporación dos alumnos de novo ingreso ás aulas universitarias cunha nova oferta de materias de nivelación, destinadas a reforzar as aptitudes dos novos estudantes para cursar satisfactoriamente as materias de primeiro curso.

Nestas materias, que se impartirán antes do inicio do curso académico, trataranse aqueles temas que as facultades consideran coñecementos específicos mínimos necesarios para comezar as correspondentes titulacións.
En total son once as materias de nivelación que oferta a USC, sete no Campus de Santiago e catro no de Lugo. En Compostela poderán cursar Matemáticas, ben para Económicas e Administración e Dirección de Empresas, ben para Matemáticas, Física, Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas, Óptica e Optometría, ou ben para Bioloxía, Farmacia e Química; así como Física; Química; Latín ou Lingua Galega. Xa no campus lugués as materias de nivelación que se ofertan son Debuxo, Física, Química e Matemáticas.
O alumno de novo ingreso que curse algunha destas materias, que se impartirán entre o 20 de setembro e o 1 de outubro en horario de mañá ou tarde cunha duración de trinta horas, poderán recoñecelas por 3 créditos de libre configuración. No momento de formalizar a súa matrícula poden inscribirse de balde nestas materias.
Prazas en residencias
Ademais, para os estudantes que vaian cursar estas materias e teñan problemas de transporte ou aloxamento a USC oferta prazas nas residencias universitarias durante os días que teña lugar o curso. O prazo para solicitar este aloxamento remata o día 10 de setembro e as solicitudes deben presentarse na Área de Información do COIE.

Gabinete de Comunicación USC, 2004-09-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (orballo-cultural.jpg) O ciclo de concertos Orballo Cultural vén de presentar a súa edición 2025, que se celebrará entre os meses de maio a setembro. Este ciclo propón levar ata distintas localidades da xeografía galega, concretamente aos concellos de Estrada, Tomiño, O Porriño, Ribadavia, Muxía, Noia, Ferrol e Sanxenxo, a artistas da escena musical galega. Entre os nomes xa confirmados están Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Su Garrido Pombo, Herdeiros da Crus ou The Limboos. O ciclo Orballo Cultural busca unir a variada oferta musical de Galicia co patrimonio cultural e natural de distintas localidades, de tal modo que se pon en valor a rica variedade de opcións turísticas da comunidade. Ademais, integra a gastronomía e a artesanía como valores engadidos, nunha proposta que quere apostar pola sostibilidade e a igualdade.
Foto de la tercera plana (tesoureiras-de-noso.jpg) A exposición afonda na realidade das cantareiras dende o século XVIII ata os nosos días. Daquelas, as mulleres das aldeas tocaban por pura necesidade, xa que non había outra maneira de escoitar música ca creándoa. Frei Rosendo Salvado e Rosalía de Castro xa se interesaron no seu tempo polas cantigas populares galegas considerándoas 'pura poesía, sen artificio' a pesar de estar nunha lingua diferente da oficial e proviren de mulleres labregas, de clase baixa. Rosalía foi, de feito, quen máis se identificou con esa literatura, empatizando co sentimento do pobo e levándoo ás altas esferas da época. A mostra tamén recolle, a través de varios documentos, o interese de persoas estranxeiras como Dorothé Schubarth, Alan Lomax ou Gustav Henningsen pola nosa tradición.

Notas

A Universidade de Vigo participará en cinco novos proxectos para desenvolver tecnoloxías innovadoras no ámbito aeroespacial e farao da man de empresas de relevancia internacional que lle achegarán á institución preto de 1,5 millóns de euros. Estas novas iniciativas desenvolveranse no marco do Programa Tecnolóxico Espacial (PTE), promovido polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a través do Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI).
AWKE naceu co obxectivo de contribuír á mellora das competencias básicas, especialmente a competencia en comunicación lingüística, plurilingüe e intercultural. Apoia plans de transformación dixital en educación primaria e secundaria; isto inclúe o desenvolvemento da pedagoxía dixital e a experiencia no uso de ferramentas dixitais para os docentes, incluídas tecnoloxías accesibles e de apoio, e a creación e o uso innovador de contidos educativos dixitais.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES