
O profesor do Departamento de Ciencia Política e da Administración da USC, Andrés Cernadas, resultou gañador do primeiro Premio de Investigación Social de Caja Madrid polo traballo As desigualdades no acceso aos servizos sanitarios públicos por parte de colectivos socialmente desfavorecidos.
Dotado con 35.000 euros e a publicación dunha primeira edición, o premio pretende destacar as investigacións dedicadas especialmente a mellorar a situación dos máis desfavorecidos. Concretamente, o traballo gañador trata de coñecer as principais causas das desigualdades no acceso á sanidade pública e propoñer mecanismos de intervención para corrixilas ou evitalas. Para iso, Cernadas centrouse nos inmigrantes económicos irregulares de fala non hispana de Asia e África, nas persoas sen teito e nas maiores que viven soas e perciben unha pensión non contributiva.
Logo dun intenso traballo de campo en Barcelona, o investigador da USC constatou que efectivamente certos colectivos teñen dificultades especiais de acceso ao sistema sanitario público en tanto que está deseñado para un usuario estándar e non se adapta ás especificidades dos colectivos, o que afecta claramente á equidade de acceso. Na mesma liña, advirte que os colectivos con dificultades especiais están formados polas persoas socialmente máis desfavorecidas, o que afectaría negativamente á equidade do sistema.
Na súa análise, Cernadas subliña a insuficiente extensión dos dereitos da cidadanía, a insensibilidade e discrecionalidade dos profesionais, a burocracia, a organización e descoordinación do sistema sanitario e sociosanitario, a presión asistencial e a escaseza de recursos e a falla de competencia cultural como elementos claramente explicativos das desigualdades en saúde.
Para o profesor da USC, a investigación supón un paso adiante na análise das disonancias entre a lexislación vixente e os discursos oficiais sobre a política sanitaria e a práctica diaria das organizacións encargadas.
Andrés Cernadas
Andrés Cernadas (Mesía, A Coruña) é licenciado en Ciencias Económicas e doutor en Ciencia Política pola Universidade de Barcelona. A súa liña investigadora aborda cuestións relacionadas con participación cidadá, xestión pública, avaliación de políticas públicas, política sanitaria, equidade e desigualdades en saúde.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.