
O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, e o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea e Director-Apoderado da Fundación Galicia Europa, Jesús Mª Gamallo Aller entregaron os premios do Concurso Fotográfico “Galicia Innovadora e Creativa” na Fundación Torrente Ballester. A contÃa dos premios ascende a 6.000 euros, repartidos nun primeiro premio de 3.000 euros, 2.000 euros o segundo e 1.000 euros o terceiro.
Francisco López afirmou que desde a súa dirección xeral se traballa coa idea de que a arte “abra camiños de progreso, de que as creadoras e os creadores afonden na realidade para dar novas visións e abrir a nosa intelixencia a outras perspectivas, como vangardas do pensamento colectivo”. “Vivimos no século da imaxe, é o xeito inmediato de facernos entender e de chegar a ámbitos culturais moi distantes pasa por coñecermos as formas alleas e por transmitir as nosas, por saber das paisaxes e das relacións cromáticas que establecemos e que outros establecen”, engadiu.
Asemade, o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura gabou a iniciativa da Fundación Galicia Europa, por “constituir un estÃmulo magnÃfico para erguer esa mirada, para traer ante nós as novas perspectivas, os novos aspectos de nós mesmos que dexerga a fotografÃa, e para animar esta comunicación imparable, que abre camiños de fraternidade e de cooperación”.
Francisco López declarou que o interese da ConsellerÃa de Cultura e Turismo “é que Galicia, coa celebración do Xacobeo 2010, que rubricaremos co Ano do Libro e da Lectura, tome consciencia do seu papel crucial na cultura europea, e que, logo de recibir durante milenios a achega de paÃses distantes, asuma a condición de emisora do seu inmenso capital intelectual, na unidade e no apoio de todas e de todos a unha sociedade madura”.
Concurso fotográfico
A temática deste certame organizado pola Fundación Galicia Europa e pola Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura baseouse na celebración do Ano Europeo 2009 da Creatividade e a Innovación. Desde as institucións europeas consideran fundamental potenciar as aptitudes creativas da poboación para responder efectivamente aos desafÃos e oportunidades da globalización e á situación de crise actual. Neste senso, as fotografÃas debÃan centrarse en aspectos nos que Galicia evolucionou e progresou máis nos últimos anos.
Para levar a cabo a selección, valorouse a calidade técnica e a habilidade fotográfica dos participantes, asà como a súa capacidade para transmitir a imaxe dunha Galicia creativa e innovadora. De acordo con estes aspectos, a comisión seleccionou 9 obras co fin de que constitúan unha exposición itinerante que recorrerá as catro provincias galegas, e que finalizará o seu recorrido en Bruxelas, ante representantes das institucións e das rexións europeas.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.