As bases que rixen esta convocatoria son:
1. O premio José DomÃnguez Guizán de Arte está dotado con 1.500 euros e estatuÃña de Sargadelos.
2. Adxudicarase á obra pictórica (considerada no senso máis amplo) que resulte seleccionada polo xurado calificador, que estará formado por especialistas na materia xunto con representantes do centro convocante e da entidade patrocinadora.
3. Poderán optar a este premio obras de pintores galegos (nados en Galicia ou residentes habituais), de tema libre, e con tamaño máximo de 1,5m por 1m, con ou sen marco.
4. Cada autor poderá presentar un máximo de dúas obras, acompañadas dos datos identificativos de obra e autor.
5. As obras, debidamente protexidas para evitar calquera deterioro, serán remitidas -libres de gastos- ó Centro Cultural de Begonte. Seranlles devoltas libres de gastos ó enderezo que indiquen.
6. O prazo de presentación remata ás 12 horas do dÃa 25 de decembro de 2009. O xurado seleccionará de entre as obras presentadas a gañadora do Certame.
7. A obra premiada quedará en propiedade da entidade convocante. As non premiadas serán devoltas ó remate do Certame.
Nota: Organizarase en Begonte e Lugo unha exposición coas obras presentadas ó certame, ou se o número o impedise, unha selección das mesmas.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.