Notas de prensa

Compostela acolle as xornadas A Ciencia Hoxe

Máis de douscentos profesionais de matemáticas, tecnoloxía, bioloxía, física e química asisten o 10, 11 e 12 de setembro as actividades que conmemoran o Ano Internacional da Astronomía.

O Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, José Luis Mira Lema, inaugurou as Xornadas A Ciencia Hoxe, organizadas polo Servizo de Formación do Profesorado da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. As actividades conmemoran o Ano Internacional da Astronomía, e a elas asistirán 244 mestres de educación secundaria das especialidades de Matemáticas, Tecnoloxía, Bioloxía e Física e Química.

As conferencias e exposicións programadas realizáranse no Conservatorio Profesional de Música de Santiago o primeiro e último día, mentres que para o segundo o IES Xelmírez II será o lugar elixido para a celebración dos obradoiros.

Con estas xornadas celébrase o 400 aniversario dende que Galileo Galilei empregara por primeira vez o telescopio para as observacións astronómicas (no 1609), e co bicentenario do nacemento de Darwin, o 12 de febreiro de 1809.

A coincidencia destas xornadas cos aniversarios foi algo que Mira Lema recordou durante a inauguración, e en relación cos traballos de Galileo Galilei e Darwin destacou que “as grandes obras son froito do traballo exhaustivo de moitos anos”. E sobre as xornadas o Director Xeral de Educación destacou que “entre os relatores destas xornadas figuran profesores e investigadores de recoñecido prestixio, nun encontro destinado a aunar investigación e didáctica para que o coñecemento e a aplicación na aula vaian da man”.

Programa

Os asistentes terán a posibilidade de asistir as conferencias de Mark Kidger, da Axencia Espacial Europea (ESA), que falará de A estrela de Belén. Mito e realidade, mentres que o profesor titular de Xenética da USC, Emilio Valadé del Río, falará de Darwin e o seu legado. O tema ¿Que é a astrofísica de partículas? correrá a cargo de Enrique Zas Arregui, catedrático de Física de partículas da USC, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ãngel Docobo Durántez exporá o Percorrido pola historia da astronomía.

O programa complementarase con sesións de observacións do firmamento os días 10 e 11 dende o Campus Sur, así como con sesións de planetario, unha exposición fotográfica, outra de libros e unha de telescopios.

O mesmo tempo desenvolvéranse diversos obradoiros, entre os que destacan o Discurshow Matarratas Darwin a cargo do actor Vicente de Souza e o investigador Xurxo Mariño Alfonso, o día once.

O programa completo esta dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación na dirección http://www.edu.xunta.es/xornadascienciahoxe/

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2009-09-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa programación de verán de 2026 cun percorrido que reafirma o compromiso da institución coa difusión da música clásica, a apertura a novos públicos e a proxección da orquestra dentro e fóra de Galicia. Entre xuño e agosto, a RFG ofrecerá varios concertos en Santiago e participará en citas destacadas como o Festival Internacional de Música de Espinho, o Noia Harp Fest, o Galicia Clarinet Fest ou o Festival Bal y Gay.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN. A construción do prototipo será unha iniciativa estratéxica para a I+D+I en Galicia, xa que implicará tanto á academia como ao tecido industrial especializado no ámbito dos aceleradores de partículas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES