
Dentro da aposta que neste verán fai a ConcellerÃa de Cultura de Tui polos novos realizadores tudenses o venres 7 de xullo proxéctase o documental “Mulleres da raia”. Esta peza audiovisual é obra da tudense Diana Gonçalves. A cita será ás 22.30h na Praza de San Fernando, en caso de choiva trasladarase cara ao Teatro Municipal.
Esta nova realizadora proponnos, ao longo de 42 minutos, unha viaxe á fronteiras do Norte de Portugal e Galicia. Na mesma achéganos ao noso pasado máis recente fixando o obxectivo no contrabando local e emigración clandestina, prácticas habituais nestas terras próximas á fronteira. A raia garda unha historia de loita diaria pola supervivencia da que as súas mulleres son testemuñas.
O documental “Mulleres da raia” estreouse oficialmente o pasado mes de marzo en Play-Doc, realizando dende entón un importante percorrido por outros festivais coma os Caminhos do Cinema Portugués, onde recibiu o “Premio da Prensa ao Mellor Film”; o Cinesul Festival Iberoamericano de RÃo de Janeiro, o Filmnho onde acadou o “Grande Premio Filminho”
Máis información en http://mulleresdaraia.blogspot.com/
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.