O 46% dos mozos españois entre 15 e 24 anos decláranse ateos, indiferentes ou agnósticos, fronte ao 10% que se declaran católicos practicantes segundo pon de manifesto un informe da Fundación Santa MarÃa analizado por Alfonso Pérez-Agote Poveda, Catedrático de SocioloxÃa da Universidad Complutense de Madrid e especialista en relixión e identidades colectivas.
Segundo este investigador, os datos reflexan que na sociedade española se está a producir unha "exculturación", "un proceso polo cal a cultura perde progresivamente as súas raÃces católicas", apuntou o propio Pérez-Agote durante a celebración do 30 Congreso Internacional sobre SocioloxÃa da Relixión que ten lugar en Santiago de
Compostela.
Na súa ponencia titulada "Situación relixiosa en España", Pérez-Agote
asegurou que, a partir de 1994, os católicos practicantes son
remplazados por individuos cuxas posicións están máis alonxadas da
relixión. ?Os indiferentes e agnósticos aumentan de xeito importante e
os ateos, aÃnda máis?. Sinalou.
Duplicase o número de non crentes
AsÃ, do 2% de españois que se declaraban non crentes en 1965 pasouse a
un 11,5 no 2005. Unhas cifras que se duplican no caso dos mozos. Se en
1975 eran un 29% os que dicÃan non crer en nada o ser indiferentes ou
ateos en temas relixosos, hoxe esta cifra é do 46%. Este fenómeno
afecta, principalmente, aos xóvenes de Euskadi, Cataluña e Madrid co
63%, 62% y 58%, respectivamente.
Unhas cifras que contrastan cos mozos de AndalucÃa, Castela e León,
Valencia ou Galicia, que se declaran, maioritariamente, católicos
practicantes ou non practicantes co 60%, 53%, 50% e 48%,
respectivamente. "Históricamente, a relixión fixo un "traballo de
civilización" e forxou as representacións colectivas dos individuos e
a súa visión da familia e da natureza, pero desde os anos 90 a cultura
reixiosa estampase e se observa unha exculturación da relixión",
apunta Pérez-Agote. Un fenómeno ao que tamén axuda a
chegada de inmigrantes, un 11%, dos cales, máis do 50%, non son católicos.
Por iso, este investigador alerta sobre a "obstinación" da xerarquÃa
eclesiástica en definir a España coma un estado católico e critica que
non "abandone o seu rol de actor polÃtico". Con todo, recoñece que a
maior parte da sociedade acepta este discurso porque España se
configurou coma unha democracia católica.
"Rearme ideológico-relixioso"
Por outra parte, o director do Departamento de SocioloxÃa da USC e
coordinador deste congreso, Juan-Luis Pintos, criticou o "rearme
ideóloxico-relixioso" dos grandes partidos polÃticos, especialmente,
por cuestións como a Lei do Aborto ou a asignatura de Educación para a
CidadanÃa. "Dende a esquerda tendese a facer unha identificación moi
forte coa non relixión e o ateÃsmo para que o Estado sexa laicista,
mentres que dende a dereita se recuperan principios doutras épocas
para defender as súas posturas", asegurou durante a
presentación deste cónclave.
Por iso, suliñou que o "único antÃdoto" contra os fanatismos é o
pluralismo relixioso. "Non se pode tender ás exclusións, senón as
inclusións. Non se pode ir nin cara ao pasado franquista, nin aos
postulados da 2ª República", engadiu.
Máis de 600 expertos de socioloxÃa da relixión deronse cita en
Santiago para abordar os desafÃos do pluralismo relixioso e e as
evolucións e conflictos que as relixións e a minorÃas relixosas
xeneran nas sociedades contemporáneas. Baixo o lema "Os desafÃos no
pluralismo relixioso", a capital galega acolle a sociólogos e investigadores das relixións procedentes de máis de 60 paÃses dos cinco continentes.
Este órgano está formado por 12 expertos de recoñecido prestixio, tanto a nivel galego como internacional, nos ámbitos cientÃfico, tecnolóxico, empresarial e das polÃticas públicas. Na actualidade a Comunidade despunta en ámbitos como a biotecnoloxÃa, a intelixencia artificial ou a computación cuántica e acada numerosos fitos. O obxectivo deste consello asesor é apoiar e asesorar ao Executivo autonómico nas súas polÃticas públicas de I+D+i para seguir acadando éxitos e posicionando Galicia como un territorio de referencia nesta materia. As persoas que forman parte deste organismo, ademais do conselleiro, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, son cinco no eido da investigación, tres no das polÃticas públicas e catro no ámbito da innovación, empresa e emprendemento.
Galicia consolida a súa posición como a comunidade española que máis logrou reducir en 2024 as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (GEI) con respecto a 1990, ano de referencia a nivel comunitario para as polÃticas en materia de clima. En concreto, a baixada rexistrada neste perÃodo foi do 68,5% fronte ao 12,8% no que se sitúa a media nacional. Os últimos datos oficiais dispoñibles volven situar a Galicia á cabeza da clasificación nacional en canto a redución de emisións netas. No perÃodo 1990-2024 Galicia logrou reducir en máis de dous terzos as súas emisións netas e tamén é a comunidade española que lidera a baixada de emisións GEI interanual, cun 9,8% menos que en 2023.