Historiadores europeos e americanos asisten na USC ao II Coloquio Internacional de Estudos Latinoamericanos Sobre a conservación da memoria no Salvador contemporáneo falarán, entre outros, o ex guerrilleiro Jorge Juarez e expertos vinculados ao FMLN.
Especialistas do Centro Interdisciplinario de Estudos Americanistas Gumersindo Busto (CIEAM) da USC e do Instituto de Estudos Históricos, Antropolóxicos e Arqueolóxicos da Universidade Nacional de El Salvador reúnense esta semana en Compostela para reflexionar sobre a conservación da memoria nas sociedades contemporáneas, e concretamente no Salvador. Entre os dÃas 6 e 8 de maio no Salón de Actos da Facultade de FilosofÃa, e coordinado polos profesores da USC Eduardo Rey e Pilar Cagiao, o coloquio será punto de encontro de prestixiosos especialistas que analizarán a historia recente do paÃs americano, que sufriu longas ditaduras militares (1932-1979) que deron pé nos setenta a un conflito socio-polÃtico aberto e crecente e que concluÃu desde comezos dos oitenta ata 1992 na guerra civil máis importante e sanguenta do continente en todo o século. Destaca neste senso, e entre outros, a participación do ex guerrilleiro Jorge Juarez e de Pablo BenÃtez, da Universidade de El Salvador, persoa vinculada ao FMLN que acaba de gañar as eleccións. No II Coloquio Internacional de Estudos Latinoamericanos ‘Conservando a memoria. Historia e polÃtica en El Salvador contemporáneoÂ’ analizarase asà mesmo como a experiencia sobre memoria histórica desenvolvida nos últimos anos en Galicia pode servir de referencia para outras institucións e ámbitos xeográficos que sufriron procesos traumáticos no seu pasado recente. Programa O encontro inaugurarase ás 10:00 horas cunha conferencia do catedrático da USC Lourenzo Fernández Prieto titulada ‘Conservación e esquecemento dos pasados incómodos nas sociedades contemporáneasÂ’. A continuación intervirán Ricardo Argueta, Jorge Juárez e Pablo BenÃtez nun debate sobre a memoria polÃtica recente en El Salvador. Argueta, que dirixe o Instituto de Estudios Históricos, Arqueolóxicos e Antropológicos da Universidade de El Salvador, é especialista no movemento estudantil salvadoreño no século XX. Pola súa banda, o investigador Pablo BenÃtez é o coordinador da Cátedra Libre Roque Dalton, un espazo universitario de discusión crÃtica e debate académico, labor que compaxina coa colaboración en varias revistas culturais. Na mesma liña, Jorge Juárez ten participado en numerosas investigacións sobre a historia de El Salvador, onde militou no FMLN durante o conflito armado. Rematará a sesión da maá deste mércores coa intervención de Israel SanmartÃn Barros, da Escola de Altos Estudos en Ciencias Sociais de ParÃs, sobre historiografÃa e memoria. Xa os traballos da memoria centrarán os relatorios de Xurxo Pantaleón, do Proxecto ‘As vÃtimas, os nomes, as voces e os lugaresÂ’ da USC; de VÃctor Santidrian, da Fundación 10 de Marzo; de Isaura Varela González, profesora da USC e directora do Proxecto Historga (Historia Oral de Galicia); e de Georgina Hernández, do Museo da Palabra e a Imaxe do Salvador e experta en memoria histórica, antropoloxÃa visual, identidade, etnicidade e dereitos dos pobos indÃxenas. Os dÃas seguintes desenvolveranse outros relatorios que profundarán no convulso século XX salvadoreño e tentarán reflexionar sobre o presente e futuro do paÃs americano.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.