
Dende hai 16 anos vense celebrando o DÃa sen Compras, unha iniciativa que xurdiu en Canadá baixo o lema "o bastante é suficiente". Un dÃa no que a modo de protesta contra o consumismo imperante se anima á poboación a que deixe de lado o carriño da compra. Unha xornada na que poderemos descansar do noso papel de consumidores/as natos e invertir o tempo gañado nunha reflexión sobre o modelo "hiperconsumista" do que formamos parte.
As materias e materiais que consumimos son recursos naturais finitos que usamos para o noso desfrute e para cubrir as nosas necesidades. É
importante logo coidalos, gastalos con mesura e darlle unha longa vida.
Pola contra no sistema existente a cultura de /usar e tirar/ estáse
pondo de rabiosa actualidade. As modas impostas anÃmannos a tirar
obxectos que tornan en "obsoletos" de un ano para outro.
O noso consumo tendrÃa que ser principalmente de produción local e libre
de quÃmicos. Mais a realidade é ben distinta, cada vez é máis difÃcil
saber de onde viu ou que contén o que estamos a mercar. Os alimentos e
produtos pasean de un lado a outro do planeta incrementando as emisións de gases de efecto invernadoiro ao tempo que o seu prezo aumenta simplemente por pasar por mans intermediarias. A cantidade de pesticidas e tóxicos empregados nos cultivos aumentan ano tras ano, moitos deles carecendo dos estudios axeitados que certifiquen a súa seguridade e salubridade.
As transnacionais teñen cada vez máis influencia económica, polÃtica e
social. Na actualidade máis do 80% das compras realizanse en grandes
superficies. Sete empresas controlan tres de cada catro alimentos que
mercamos nestes establecementos e unha soa empresa, Carrefour, controla un de cada catro. As grandes superficies fixan prezos, incitan o
consumismo estudando o noso comportamento e apoiandose nas nosas
debilidades, promoven a produción de lixo, compiten co pequeno comercio
e a función social que ten este e provocannos estrés.
Estamos inmersos nun sistema onde prima a cantidade producida e os
beneficios tirados do producto perante a calidade deste. Un modelo que
aplaude por exemplo que os transxénicos aparezan sen permiso na nosa
mesa. Un réximen de "libre" mercado na que a degradación medioambiental está acompañando en todo o proceso, no que as rexións máis pobres do planeta son as que sofren o noso desenfreno devorador de recursos.
Como reacción a este modelo, pola saúde persoal e pola do planeta, pero
tamén como maneira de levar a iniciativa individual ao plano colectivo,
compre mudar estes hábitos e voltar cara un consumo local, social e
ambientalmente máis xusto.
Tamén nós rematamos por convertirnos en vÃctimas do consumismo;
consumimos o noso tempo libre nas tendas e centros comerciais,
consumimos a nosa saúde e paciencia en longas colas, consumimos os nosos desexos poñendolle prezo a todo.
Ante a decisión de facer unha compra podes plantexarte algunha destas
preguntas:
De verdade o preciso? Voulle dar uso suficiente que compense a
inversión? Cantos teño xa? PoderÃa pasar sen el? De onde ven este
produto? Quen e como se fabricou? Vai supor moito lixo isto que merco?
Hai outra alternativa que sexa máis ecolóxica? Canto me vai durar?
Pódese reciclar? Faime máis feliz mercalo? Estou sendo vÃtima da
publicidade? É bo para a saúde?
Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de EnerxÃas Renovables e Cambio Climático, Paula UrÃa. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalÃa positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, asà como persoas adestradoras ou técnicas, xuÃzas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuÃzas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.