Notas de prensa

Traballo e USC potencian o emprendemento universitario

Asinan dous acordos, financiados con preto de 150.000 euros, para apoiar a posta en marcha dos programas Woman Emprende e Social Emprende. Traballo destinará o próximo ano preto de 44 millóns de euros a fomentar a incorporación laboral.

O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, asinaron dous convenios de colaboración para fomentar o emprendemento universitario. A través do primeiro destes acordos apoiarase a posta en marcha do programa Woman Emprende, cuxa finalidade é potenciar a actividade de grupos universitarios de investigación liderados por mulleres e que posibiliten a creación de empresas de base tecnolóxica.

A segunda colaboración servirá para dar sustento á iniciativa Social Emprende, que ten como obxectivo potenciar a actividade dos grupos de investigación da área de Humanidades da universidade galega, que posibiliten a xeración de proxectos empresariais innovadores e a súa viabilidade. A consellería de Traballo achegará preto de 150.000 euros para o desenvolvemento de ámbalas dúas iniciativas.

Ricardo Varela incidiu en que con este tipo de iniciativas mantense o apoio ao emprendemento como unha das liñas estratéxicas da Consellería de Traballo. Esta aposta está centrada no fomento do espírito empresarial e na creación de microempresas, Pemes e empresas de economía social, así como no fomento de actividades con futuro, enmarcadas nos novos filóns de emprego que contribúan a impulsar proxectos innovadores relacionados coas novas tecnoloxías e a creatividade da sociedade galega.

Nesta liña, o apoio ao emprendemento universitario cobra un protagonismo singular no impulso do emprendemento cualificado. A Universidade é un dos primeiros viveiros nos que se debe incidir por dous motivos: en primeiro lugar, porque a formación regrada específica de calquera disciplina que se adquire nesta institución académica é ampla e de calidade e, en segundo lugar, porque a xuventude dos seus integrantes sempre é un elemento valioso para calquera emprendedor.

Para a Consellería de Traballo é un reto que a opción do emprendemento se contemple polos estudantes dende o comezo da súa vida activa. Para conseguilo, continuou, hai que proporcionarlles as oportunidades, as capacidades, as competencias e os coñecementos axeitados a través dunha formación cualificada con servizos de apoio de gran calidade.

Desde este punto de vista, unha das estratexias máis efectivas para lograr resultados significativos nos ámbitos da creación de emprego e mellora da competitividade é a e promover o espírito emprendedor entre investigadores, titulados e alumnos. En todo caso, este emprendemento non debe limitarse ao tecnolóxico e científico, senón tamén ao social ou humanístico.

Pola súa banda, o reitor da USC, Senén Barro, asegurou que estas iniciativas inciden unha das grandes preocupacións da institución académica: que o emprendemento se faga de maneira responsable. Así explicou, non abonda só con que se cree riqueza e emprego, senón que ese emprego ten que ser altamente cualificado.

O emprego dos mozos, prioridade orzamentaria

A Consellería de Traballo destinará o próximo ano 43,7 millóns de euros para fomentar a incorporación de mozos e mozas ao mercado laboral. Esta cantidade supón un incremento superior ao 8% con respecto ao orzamento de 2008 para esta materia.

Precisamente, unha das prioridades orzamentarias da Xunta de Galicia para o vindeiro ano será intensificar as accións para a incorporación dos mozos e mozas ao mercado de traballo, ao mesmo tempo que apostará por reducir á súa temporalidade. Con este obxectivo o Goberno galego vai reforzar os incentivos para a súa contratación indefinida e as accións formativas para a capacitación en tecnoloxías da información e a comunicación. Tamén se impulsarán os programas mixtos de formación e adquisición de experiencia profesional para mozos e mozas que se incorporaran ao mercado laboral sen ter formación de tipo profesional.

Outra das prioridades orzamentarias para o vindeiro ano será o fomento da creación e o desenvolvemento de empresas de base tecnolóxica, de novos xacementos de emprego e de proxectos innovadores. Así, en 2009, a Consellería de Traballo investirá 42,6 millóns de euros no programa dedicado ao emprendemento e á economía social, co que se prevé beneficiar a unhas 7.000 persoas. Neste caso o aumento sobre o orzamento do ano 2008 sitúase nun 11,7%.

Con esta mesma filosofía, no ámbito dos 7 campus universitarios de Galicia, a Consellería xa puxo en marcha e está a apoiar o funcionamento dos Servizos de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego (SAAE). Estes instrumentos naceron co obxectivo de fomentar a vocación empresarial no eido universitario e ofrecer asesoramento e orientación laboral aos alumnos.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, 2008-11-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES