Notas de prensa

O Cluster do Produto Gráfico e do Libro Galego impulsará a I+D+i do sector

A conselleira de Cultura e Deporte, a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, e o presidente da Plataforma, presentaron a Axenda Estratéxica de Investigación da que derivan os proxectos que desenvolverá esta entidade.

A Plataforma Tecnolóxica do Produto Gráfico e do Libro Galego presentou en Santiago de Compostela a súa Axenda Estratéxica de Investigación, o documento que define as súas prioridades no ámbito da I+D+i para o sector. Na presentación participaron a conselleira de Cultura e Deporte, Ãnxela Bugallo; a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela; e o presidente da Plataforma, Rafael Fernández.

Rafael Fernández comezou o acto agradecendo ás dúas consellerías o seu apoio á plataforma. Asimesmo recordou que os obxectivos do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego (innovación, internacionalización, competitividade, formación e notoriedade) están ligados aos da Axenda Estratéxica de Investigación que hoxe se presentaba e reflicten as prioridades dos sectores que integran a cadea de valor do Clúster.

A Plataforma Tecnolóxica do Produto Gráfico e do Libro Galego configúrase como o foro de colaboración e de fomento de sinerxías entre os axentes do sistema galego de innovación interesados no avance tecnolóxico do sector. Tendo en conta os datos da Axenda Estratéxica de Investigación relativos a 2006, Galiza conta con 1984 empresas nos subsectores da publicidade, as artes gráficas e a edición, que dan emprego a 7.435 persoas. Tanto en número de empresas coma en emprego e facturación, o crecemento do sector en Galiza presenta valores superiores aos estatais. As actividades relacionadas cos tres subsectores supoñen, no conxunto da economía galega, o 5,13% dos empregos da industria e o 4,3% do seu valor engadido bruto

Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, fixo referencia na súa intervención ao “considerable peso” que acadan as actividades relacionadas coa publicidade, as artes gráficas e a edición no conxunto da economía galega, e subliñou que “nos encontramos ante un sector industrial cun peso específico en aumento e cun valor estratéxico desde o punto de vista cultural, ademáis de económico”.

Pola súa parte, Ãnxela Bugallo destacou a importancia do potencial económico que ten o libro e os outros subsectores que están incluidos dentro da Plataforma, así como a importancia do capital humano reunido e a súa capacidade creativa. Asimesmo reiterou o apoio do goberno galego á Plataforma e á posibilidade que se abre co traballo que se vai realizar a través da Axenda Estratéxica de Investigación.

A Plataforma ten entre os seus asociados ás empresas que aglutinan ao Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego, a Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia e a Asociación Galega de Editores. O sector empresarial tamén está representado polas compañías galegas R, Tecnocom e Plexus, e polas internacionais Hp, Henche e Xerox. Están presentes tamén Caixa Galicia e Caixanova, así como a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela. Completan a lista de socios a Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), a Universidade de Santiago de Compostela, o Centro de Innovación Tecnológica para as Artes Gráficas de Madrid e a Consellería de Innovación e Industria.

A Axenda Estratégica de Investigación (AEI)

A Axenda Estratéxica de Investigación presentada hoxe é o documento no que se recollen as cinco liñas de traballo das que derivan os distintos proxectos da Plataforma. Este documento comeza por indicar a necesidade de innovar nos procesos, nas técnicas de xestión e nos sistemas de información, creando sistemas integrados de xestión axeitados ao sector e establecendo fluxos de traballo e estándares nos documentos que se manexan.

En canto ás tecnoloxías aplicadas ao proceso produtivo da industria gráfica, sinálanse as que deben ser obxecto de investigación na procura dunha optimización da produción. Son as tecnoloxías aplicadas ao deseño, as de impresión, a xestión da cor e o uso das etiquetas RFID (etiquetas utilizadas para rastrexar a distancia os produtos).

No campo da publicidade, a Axenda asume a necesidade de avanzar no referente á interactividade e as novas técnicas de comunicación, establecendo dúas prioridades: as novas canles de distribución e a personalización do marketing a través de soportes publicitarios innovadores. Do mesmo xeito, apunta a conveniencia de investigar no ámbito dos soportes documentais e da información a través do desenvolvemento de materiais multimedia, da promoción do libro dixital, da distribución de contidos por Internet e dunha continua innovación parella á renovación de soportes. Outra liña estratéxica refírese á redución do impacto medioambiental e a sustentabilidade.

Para desenvolver estas liñas de traballo, a plataforma estruturarase en tres áreas transversais de actuación, a área de Formación e Práctica, a de Incorporación da I+D+i na xestión empresarial e a área de Xestión do Coñecemento.

Apoio da Administración

A Consellaría de Innovación e Industria apoia a constitución da Plataforma Tecnolóxica do Produto Gráfico e do Libro Galego cun investimento de 225.000 euros, dentro do programa de apoio á creación destas plataformas nos sectores industriais significativos para Galiza. O apoio ao sector gráfico galego non se limita só á Plataforma Tecnolóxica, senón que a Consellaría de Innovación e Industria mantén abertas outras liñas de colaboración, como o convenio co Clúster para os anos 2008/2009 por importe de 400.000 euros que, entre outras, permitirá fomentar a internacionalización do sector por medio do estudo de posibilidades de negocio e o fomento dos consorcios de exportación.

Sara Garea (responsable de Comunicación do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego), 2008-11-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (cambio-hora.jpg) En 2025, Lara Weed e Jamie M. Zeitzer, da Universidade de Stanford, publicaron un artigo no que se relacionaba a práctica do cambio estacional de hora con aspectos negativos para a saúse, tanto de sintomatoloxía aguda (infartos ou accidentes cerebrovasculares), como crónica (obesidade). Agora, os profesores José María Martín Olalla, da Universidade de Sevilla, e Jorge Mira Pérez, da Universidade de Santiago de Compostela, tras analizar a metodoloxía aplicada neste estudo, constataron que 'o que o mundo leu como unha evidencia científica contra o cambio de hora resultou ser unha ilusión matemática'.
Foto de la tercera plana (oposicions.jpg) Un total de 15.733 persoas concorrerán ás oposicións de Educación deste ano 2026 segundo a listaxe provisional de admitidos publicado no Portal Educativo. Cómpre lembrar que, froito do acordo entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e os sindicatos CC.OO., ANPE, UGT-SP Ensino e CSIF, como novidade nesta ocasión os interinos non teñen a obriga de presentarse ao exame, co obxectivo de axilizar o proceso. Isto provoca un descenso de case o 23% nas probas respecto á convocatoria do ano pasado. En concreto, 4.689 aspirantes menos. A Xunta de Galicia convoca para este proceso un total de 1.601 prazas, o que supón esgotar o 120% da taxa de reposición marcado polo Estado.

Notas

Do 29 de abril ao 3 de maio, a localidade de Tui acollerá a 22ª edición do Play-Doc Festival Internacional de Cine, que presenta a súa Competición Internacional, unha selección de obras recentes do cinema contemporáneo internacional con películas procedentes de distintos contextos e xeografías. A sección reúne títulos de diversas procedencias, con obras de Europa, América, Ãfrica e Asia, en formatos que van da curtametraxe á longametraxe.
El próximo 1 de mayo, la localidad salmantina de Escurial de la Sierra acogerá la Primera edición del Festival Miña Ruliña, una iniciativa cultural promovida por el Centro Gallego de Salamanca que nace con el objetivo de acercar la música tradicional a toda la ciudadanía, promoviendo el conocimiento, la participación y el disfrute de un patrimonio que forma parte esencial de nuestras raíces.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES