
O Festival Internacional de Videocreación do Condado, MIVICO 08, que se celebra en Ponteareas do 3 ao 5 de outubro, inaugura a súa segunda edición coa estrea do último traballo dun dos directores consagrados do audiovisual galego, Rubén Coca. O ferrolán presentará o venres 3 de outubro MÃnimo común múltiplo 2.0.
A curtametraxe (sexta da filmografÃa do director ferrolán) narra a historia de Andrea (Marta Larralde), unha moza de 30 anos que vive instalada nunha rutina laboral e sentimental que se esnaquizará no momento máis insospeitado. Coca aposta con este filme por unha historia de amor contada en clave de suspense.
MÃnimo común múltiplo 2.0, que foi rodada integramente en Ferrol e na que participan os actores Alex Neira, Marta Larralde, Lourdes SanmartÃn, Xoel Fernández e Tomás Romero, tende unha ponte entre a madurez e o mundo da infancia. En palabras do seu director “é unha pelÃcula de recordos da nenez e de encontro coas amizades infantÃs perdidas co paso do tempo envolvido todo nunha atmosfera de misterio e de suspense”.
Coa estrea da pelÃcula ábrese o programa de actividades do MIVICO 08, que se desenvolverá até o domingo 5 de outubro en Ponteareas. Durante o festival pasaranse na sección oficial unha escolma da produción audiovisual máis arriscada e independente do momento e celebraranse varios concertos a cargo de bandas emerxentes da escena internacional.
Desta vez o espazo de proxección móvese ao Centro Cultural Sportivo. O número de traballos recibidos para participar no MIVICO 08 triplicou aos do ano pasado. O festival da asà un paso máis no seu propósito de consolidarse no calendario audiovisual galego como escaparate das propostas audiovisuais máis independentes da escena actual.
Filmes procedentes de Arxentina, Estados Unidos, Noruega, Italia, Portugal e de diversos puntos do Estado español competirán polo premio nas tres categorÃas establecidas (curtametraxes de ficción, videocreación e documental).
O MIVICO 08 reafirma asà a súa aposta decidida pola videocreción e o cine independente coa intención ademais de servir de abrir una fiestra á creación máis arriscada.
Itinerancia
Como antesala do que será o festival, o domingo 21 de setembro ás 22 horas farase en Ponteareas unha proxección ao aire libre dalgúns dos traballos recibidos. A entrada é de balde.
http://www.mivico.net/
Sanxenxo volverá converterse este verán nun dos grandes referentes da música en directo en Galicia coa celebración da cuarta edición de Costa Feira, un evento que ofrecerá máis dunha decena de concertos e propostas musicais entre os meses de xullo e agosto no recinto do PolÃgono de Nantes. O ciclo arrancará o 24 de xullo con Wake Up! in Costa Feira e continuará o 28 de xullo e os dÃas 4, 11 e 18 de agosto coa proposta Electrolatino, que reunirá artistas destacados neste xénero como Henry Méndez, Danny Romero, Jose de Rico, Anthony & Yeigo, Jay Santos, Marc Magán ou Mar Lucas.
Ponse en marcha a programación da 14ª edición de Cultura no Camiño, que este verán ofrecerá 316 espectáculos escénicos e concertos a cargo de 147 formacións artÃsticas en 87 concellos galegos situados nas diferentes rutas xacobeas. Trátase dunha proposta enmarcada na campaña Para gustos, cultura, que este ano chegará a 200 localidades con máis de 3.600 propostas. O calendario de Cultura no Camiño para este ano, que se abriu esta semana con paradas en Ribadumia, onde Marta Ortiz presentou Canta, Bugina, canta! na Escola Infantil, e en Miño coa proposta A maxia dos libros, do Mago da Boina e Nami, no Centro de DÃa, continuará hoxe de novo en Ribadumia con Donas do lugar, un espectáculo de narración oral a cargo de MarÃa da Pontragha.