Notas de prensa

O Foro empresarial Galicia–Asia reflexiona no Campus de Lugo arredor do ecosistema da saúde

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Roberto Bande, e a directora do Campus Terra, Marta Miranda, inauguraron este xoves 18, no edifico Cactus do Campus de Lugo, unha nova edición do Foro empresarial Galicia–Asia que xirou na súa primeira xornada arredor do ecosistema da saúde. Alimentación e lonxevidade, así como as posibilidades da robótica asistencial, foron outros dos aspectos abordados na reunión.

A conferencia de apertura, titulada ‘Lugo como laboratorio de lonxevidade’, foi impartida por Rafael Martínez-Cortiña Pont, experto en prospectiva económica e analista en lonxevidade, quen abordou as oportunidades que este ámbito ofrece para o desenvolvemento económico e social do territorio.

O evento está organizado pola Asociación Prorural, presidida por José María López Bourio, e a AACCDI, encabezada por Huang Fang, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL). FEIGA 2026 reúne directivos e representantes de empresas de referencia en sectores clave como saúde, alimentación, lonxevidade e robótica, configurándose como un encontro de alto nivel para impulsar alianzas e proxectos entre Galicia e Asia.

Con este foro, Lugo convértese nunha referencia en Galicia para favorecer a cooperación económica e a creación de relacións de confianza, apoiándose no coñecido principio do Guanxi, fundamental na cultura empresarial asiática. Deste xeito, a cidade sitúase como ponte estratéxica entre Galicia e Asia, reforzando o seu papel na internacionalización e na atracción de novas oportunidades de investimento.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2026-06-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES