
A revista do Audiovisual Galego vén de sacar á luz o seu quinto número, no que se inclúen entrevistas cos actores Neus Asensi, Manuel Manquiña e Ernesto Chao, os tres integrantes do elenco d´Os mortos van ás présas e Chao gañador, ademais, do Premio de Honra Fernando Rey na última gala dos premios Mestre Mateo, cuyo reportaxe abre a revista. Ernesto Chao recorda os difíciles comezos do audiovisual galego e adianta os seus próximos proxectos. Completan a sección de entrevistas o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, o cineasta Adolfo Arrieta e o director e os actores de Pradolongo, filme de Ignacio Vilar que continúa o seu periplo polas vilas galegas.
Outros dous actores que trunfan actualmente coas súas respectivas series enfréntanse no Cara a cara. Xosé Olveira Pico (Padre Casares) e a viguesa María Castro (Sin tetas no hay paraíso) volven a unirse despois de traballar durante anos na serie Pratos Combinados, onde facían de pai e filla, e relatan as súas experiencias profesionais marcadas por uns inicios completamente diferentes.
No apartado A fondo inclúese un debate sobre o documental no que participan varios directores galegos moderados por Sara García, co-directora do Play-Doc, que, xunto co Bafici e o IndieLisboa, protagonizan a sección Crónica de festivais. E o Así traballa está adicado a Xosé Antón Perozo, que debulla o labor do axudante de dirección. O Cineclub Pontevedra protagoniza a sección de Cineclubismo e a de recordos cinematográficos é, nesta ocasión, para catro músicos galegos: Cristina Pato, Julián Hernández, Pili Pampín e Uxía Senlle.
Os contidos artísticos de AG corren a cargo do fotógrafo arousán José Luiz Oubiña e do pintor e poeta Xurxo Alonso, quen desvela, nun fermoso e emotivo texto, o seu primero contacto co cine en Vilagarcía de Arousa. Tamén o escritor Ramón Caride bota a vista atrás para recordar dúas películas que, ao seu ver, marcaron a historia do cine español, Furtivos de José Luis Borau, e Los santos inocentes de Mario Camus.
Novidades
O quinto número de AG inclúe dúas novas seccións. Por unha banda o Consultorio de propiedade intelectual, no que o catedrático de Dereito Mercantil Ángel Fernández-Albor resposta ás preguntas dos lectores, e por outra Ágora aberta, un espazo adicado ao alumnado do sector audiovisual e destinado a coñecer outro punto de vista sobre o mesmo. A primeira visión será a dos estudantes da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela.
A implantación da TDT en Galicia
O número complétase coas seccións habituais, Fala a industria (adicado ás produtoras Perro Verde e Vaca Films), Curtametraxes, Universos Ínfimos, Bitácoras, Críticas, Carteis de Cine, Reseñas ou Súper novas, onde se reserva un importante lugar ao apagamento analóxico na Fonsagrada, o primeiro de todo o Estado. Sobre esta cuestión trata tamén a entrevista co secretario xeral de Comunicación e un estudo do director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, que leva por título A implantación da TDT en Galicia.
Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).
Foio presentada a quinta edición de Galicia Ilusiona, o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, que volverá converter a comunidade nun referente internacional da maxia durante os meses de novembro e decembro de 2026. Dirixido por Pedro Bugarín e Dani Polo, o festival, reunirá a seis artistas internacionais multipremiados: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak , Bonjin Koo e Diego @ Elena, que ofrecerán o mellor do ilusionismo en diferentes teatros e auditorios galegos, achegando espectáculos a milleiros de espectadores. A programación das galas Internacionais desenvolverase en oito cidades galegas: A Coruña, Cangas, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago de Compostela, entre o 20 de novembro e o 13 de decembro.