
Tras as sinatura Rosa Álvarez valorou positivamente a formalización dunha colaboración que na práctica xa se vén producindo de maneira continuada dende hai anos. A este respecto a decana considera que o mundo académico e o profesional teñen que camiñar xuntos para dar unha resposta de calidade aos novos desafíos que formula a sociedade.
Rosa Álvarez subliñou ademais que nos últimos 20 anos a profesión mudou obrigada a adaptarse a novas necesidades como a atención psicolóxica en situacións de catástrofes, á emigración ou á educación vial, entre outros, aunando esforzos ofreceremos mellores respostas, resaltou a decana.
Pola súa banda, o reitor compostelán lembrou que a de Psicoloxía é a única facultade deste disciplina en Galicia o que para nós representa unha responsabilidade, a de entroncar a formación de xeito directo co exercicio profesional, polo que cualificou como positivo o alcance deste convenio que permitirá o contacto directo cos que desenvolven a práctica profesional.
Ao abeiro deste convenio a Universidade e o COPG executarán de xeito conxunto proxectos e programas de investigación, desenvolvemento e transferencia de coñecemento, ademais de cooperar en programas e actividades de formación continuada de profesionais e de persoal investigador.
O convenio marco, cunha vixencia de tres anos renovables por períodos iguais, fai alusión tamén á colaboración na formación práctica tutelada e no achegamento ao exercicio profesional de estudantes de titulacións universitarias oficiais da Facultade de Psicoloxía. Neste senso, a Universidade e o Colexio cooperarán nos procesos de avaliación e certificación da calidade das actividades de formación e de recoñecemento de competencias profesionais que competen a cada parte.
De xeito complementario, o documento asinado permitirá o asesoramento mutuo e a organización e execución de actividades comúns relacionadas coa promoción social da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico.
Cada unha das iniciativas que se vaian desenvolver precisarán de acordos específicos nos que se detallarán os obxectivos perseguidos coa súa organización, o plan de traballo, orzamento total e medios materiais e humanos de que precisa, normas de coordinación, execución e seguimento así como o nomeamento de responsables.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.