
Cen concellos galegos celebrarán a “Festa do Deporte” o próximo dÃa 8 de xuño, no que será unha xornada de deporte na rúa para todos e todas baixo o lema “O deporte galego une”.
Tivo lugar o acto de presentación desta iniciativa, á que se suma por primeira vez Galiza, pero que comezou hai sete anos en Barcelona e Torino. Nesta ocasión, o noso paÃs, incorpórase a esta iniciativa que se está a desenvolver no PaÃs Vasco e Catalunya con grande éxito de participación.
A conselleira de Cultura e Deporte, Ãnxela Bugallo, manifestou a súa ledicia pola resposta dos Concellos, que se sumaron a esta iniciativa con entusiasmo e seguindo as liñas de actuación marcadas pola dirección xeral: Deporte feminino, deporte para maiores, deporte para discapacitados e deportes tradicionais. Desta forma, o dÃa 8 de xuño, a partir das 10 da mañá e ata as 14 horas, haberá deporte na rúa, nas praias, nos xardÃns, nos parques de cen concellos galegos, dende as cidades máis grandes (Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra, Ourense), ata as máis pequenas (cunha programación variada e na que poderán participar todos os cidadáns. Hoxe tivo lugar a presentación en Santiago, pero a partir de mañá haberá presentacións locais, nos que cada concello achegará a cidadanÃa a súa programación deportiva, asà como os lugares onde se desenvolverán as actividades.
En total son 37 concellos da provincia de A Coruña, 19 de Lugo, 18 de Ourense e 23 de Pontevedra, ademais do cárcere da Lama, o que supón unha posibilidade de participación do 59,52 por cento da poboación galega (1.650.000 habitantes). Os Concellos, que son os responsábeis da programación, recibirán agasallos por parte da ConsellerÃa para repartir entre os participantes nos actividades que se organicen (camisetas, viseiras, panos), asà como lotes de material deportivo para os Concellos (material de iniciación, sobre todo de deportes minoritarios e alternativos).
Para desenvolver este proxecto, que comeza este ano en Galiza por iniciativa da Dirección Xeral para o Deporte, foi imprescindÃbel contar coa colaboración dos concellos, federacións e clubs, polo que ambas responsábeis polÃticas agradeceron a súa colaboración dende o primeiro momento: “Cando os convocamos a unha reunión para explicarlles en que consistÃa a iniciativa, a resposta foi moi positiva, algo que pode verse reflectido no número de municipios que se sumaron a esta iniciativa. Esta é a primeira vez que a Dirección Xeral para o Deporte promove unha actuación conxunta en todo o paÃs e só podemos destacar a magnÃfica actitude dos concellos ”, indicou Marta Souto.
Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañÃas Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxÃas e incorporará sistemas hÃbridos de almacenamento con baterÃas e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.