Notas de prensa

A Facultade de Medicina analiza a relación entre a hormona do crecemento e a obesidade

A relación entre a hormona do crecemento e a obesidade estúdase na Facultade de Medicina da USC co fin de encontrar novas dianas terapéuticas contra esta doenza.

Os traballos realízanos dende perspectivas distintas tres colaboradores do grupo de investigación dirixido polo catedrático Felipe Casanueva.

Os estudos fisiolóxicos en modelos animais sobre a hormona do crecemento e os sistemas involucrados na regulación do apetito e peso corporal estaos a realizar a investigadora Luísa Seoane. Sobre as súas achegas, a científica destaca a publicación do seu traballo na revista Endocrinology no que propón “o estómago como
un segundo cerebro”. Precisamente é neste órgano onde se produce maiormente a ghrelina que é unha hormona implicada tanto na secreción da hormona de crecemento como na regulación do apetito.

No traballo demóstrase que o estómago regula de xeito independente a produción de ghrelina “non só ao comer senón tamén cando recibe estímulos externos como olores e sabores”. Segundo Luísa Seoane, “este dato é importante á hora de deseñar novos
tratamentos contra a obesidade”.

Os mecanismos nas células para activar a secreción da hormona do crecemento abórdaos outro investigador do grupo, Jesús P. Camiña. Analiza as rutas intracelulares asociadas á interacción da ghrelina co seu receptor para o entendemento dos mecanismos de acción desta hormona. Relacionado cos estudos de Luísa Seoane, o
traballo mostra que o comportamento celular desta hormona determina as súas accións fisiolóxicas.

Por outra banda, Yolanda Pazos é a científica responsable dos estudos estruturais sobre a ghrelina e substancias similares que se unen ao receptor desta para activar a secreción da hormona do crecemento. “A análise da estrutura molecular permitirá coñecer as claves desta hormona” e deste xeito, aclara, deseñar medicamentos que tamén permitan tratar a obesidade.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2008-05-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES