Notas de prensa

Sexo, drogas e información

Universitarios voluntarios achegan nas Facultades os servizos da UMAD, o Centro de Orientación Familiar, a Unidade de Desordes da Alimentación, a de Trastornos do Alcoholismo ou as de Saúde Mental.

“Aínda que alguén preguntou por cuestións como a anorexia ou o cancro de útero, a maior parte da xente recolle información sobre drogas e sexo” comenta Catía Paz, estudante de terceiro de Química e voluntaria no posto de mediación informativa na
Facultade de Xeografía e Historia. A súa labor, ao igual que a de dezasete compañeiros máis, consiste en dar a coñecer horarios, programas, servizos ou localización de diversos servizos institucionais, derivando a cada un deles aos estudantes que precisen dun asesoramento profesional e cualificado.

A iniciativa, organizada polo Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC e a Dirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias da Consellería de Sanidade, conta coa colaboración da UMAD, o Centro de Orientación Familiar, a Unidade de Desordenes da Alimentación, a Unidade de Trastornos do Alcoholismo ou as Unidades de Saúde Mental.

Un dos postos máis concorridos é o da Facultade de Psicoloxía onde Eduardo Villanueva indica que para poder entregar folletos todos os días “facemos números, e ata imos buscar caixas a aqueles centros con menos alumnos que o noso como Matemáticas”. Precisamente alí está a súa moza, Cristina Bernárdez, quen se animou con el a participar nunha iniciativa que “mellora a capacidade de comunicación co público”.

Cristina e Eduardo, ambos alumnos de quinto de Psicoloxía, coinciden en sinalar que a actividade serve para o seu futuro profesional onde están en contacto con moita da información que agora reparten. Este foi un dos motivos que os levou a anotarse,
pero non todos pensaron igual. Catía apuntouse porque, ademais dos créditos de libre configuración, “precisaba acostumarme a falar máis coa xente descoñecida e perder o medo”.

Segundo Eduardo, os universitarios que acoden ao posto soen ser estudantes aínda que hai visitas “diferentes” como “un home que vén puntualmente ás 12:10 para recoller só condóns”. Porque, xunto cos folletos e guías, os rapaces entregan outros
materiais, entre eles os anticonceptivos do Centro Quérote. “Teñen bastante éxito e as que máis se animan a buscalos son mulleres”, afirma convencida Catía.

Antes da posta en marcha da mediación informativa, os voluntarios asistiron a unhas xornadas sobre prevención en saúde mental, consumo de drogas e relacións afectivo sexuais que se desenvolveron a finais de 2007 na USC. Nestas sesións tratouse de
preparar aos estudantes para dar información sobre distintos temas de interese nos que eles tamén son protagonistas, baseándose nos principios de educación entre iguais e nos proxectos de servizo e aprendizaxe.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2008-05-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES