
O equipo do IES Ramón Menéndez Pidal-Zalaeta, da Coruña, converteuse no gañador da I Liga Galega de Debate, unha competición intelectual con formato deportivo organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Como finalista quedou o equipo que representaba ao IES Becerreá, do concello lucense do mesmo nome.
O equipo campión foi galardonado cunha viaxe de fin de semana ao Parque Warner Bros en Madrid e un ordenador portátil para cada integrante do equipo. Ademais, outros 40 alumnos do seu mesmo centro terán tamén esa mesma viaxe. O outro equipo finalista desta competición obtivo unha videoconsola para cada integrante do equipo. A Dirección Xeral de Xuventude repartiu tamén agasallos para a mellor oradora da competición, que recaeu en Silvia Fernández Castro, do IES Rosalía de Castro de Santiago, que levou unha cámara fotográfica dixital de 8 megapíxeles; e para o segundo mellor orador, Jorge Pan Varea, do colexio Fogar de Santa Margarida da Coruña, que foi premiado cun reprodutor Mp4 de 4 Gb.
¿Debe primar a seguridade pública fronte á liberdade individual?. A partir deste tema arrincou a I Liga Galega de Debate, na que competiron un total de 23 centros educativos de toda Galiza. O obxectivo: fomentar entre os estudantes galegos os debates de competición, é dicir, enfrontamentos dialécticos nos que dous equipos se enfrontan defendendo a postura a favor ou en contra dun determinado tema.
Máis e mellor competición
O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, foi o encargado de clausurar esta mañá, logo do acto de entrega de premios, a primera edición desta competición dialética. Na súa intervención Cela salientou a grande acollida que a iniciativa tivo entre os centros educativos e entre os estudantes, o que fixo que a convocatoria resultase todo un éxito. Ademais, Rubén Cela avanzou que o seu departamento traballará a reo para que esta competición teña continuidade no tempo e para acadar que a vindeira edición todo sexa máis e mellor. A posta en marcha de iniciativas deste tipo son, a xuízo do director xeral de Xuventude, unha oportunidade única para que os mozos poidan aprender unha actividade beneficiosa para a súa formación integral, ao tempo que teñen a ocasión de dar a coñecer as súas opinións e experiencias sobre a actualidade do país.
Certame único
A I Liga Galega de Debate é unha competición sen precedentes no país, unha actividade con formato deportivo e contido intelectual na que tomaron parte máis de 100 estudantes de todo o país, o que a convertiu tamén nun punto de encontro para mozos e mozas de toda Galiza. Trátase dunha actividade clave para a formación integral dos estudantes, na que poderán desenvolver capacidades útiles para a súa vida académica, profesional e persoal.
Na I Liga Galega de Debate, estudantes de 1º e 2º de Bacharelato das catro provincias galegas tiveron a oportunidade de facerse escoitar, demostrar o seu potencial e vivir unha experiencia única fóra das aulas. Dende Xuventude considérase esta iniciativa un complemento perfecto para a formación dos mozos e mozas á marxe dos seus plans de estudo, xa que os debates permiten o desenvolvemento de habilidades sociais e persoais como a expresión oral, o traballo en equipo, a busca de información, o saber falar en público, o respecto ou a tolerancia.
Cada equipo de debate estivo composto de catro debatentes e un capitán. Dos catro debatentes, dous actuarán como oradores e dous como investigadores, funcións que poderán variar dun debate a outro.
Toda a información sobre a I Liga de Debate está nas páxinas web www.ligadedebate.com e en www.xuventude.net.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.