Notas de prensa

Destínanse 15 millóns de euros ao programa Parques para Vivir

O principal obxectivo é mellorar a calidade de vida dos case 5.000 residentes nos parques naturais de Galiciae o seu entorno. Desenvolveranse políticas sectoriais que aseguren o desenvolvemento sostible e económico destes territorios.

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible destina este ano 15 millóns de euros ao programa Parques para Vivir, que ten como obxectivo compatibilizar a conservación dos parques naturais coa mellora da calidade de vida das persoas que viven no seu entorno, a fin de convertelos nun lugar “atractivo para vivir”. O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, e o director xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza, presentaron este programa pioneiro en Galicia, que supón unha acción combinada de todas as direccións xerais da Consellería de Medio Ambiente.

O investimento previsto para este ano distribúese en achegas de cada unha das direccións xerais da Consellería de Medio Ambiente, integrando así as políticas en materia hidráulica, de conservación, residuos e desenvolvemento sostible. Así, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible aporta 8,6 millóns de euros, destinados á creación dos novos parques naturais, á creación e mellora dos centros de interpretación, ao plan de sinalización dos parques e outras infraestructuras, a aldea ambiental do Xurés, estudos de conservación da biodiversidade, o programa de camiños naturais nos parques do Xurés e Enciña da Lastra e axudas á poboación.

Augas de Galicia aportará 6.000.000 de euros para obras de abastecemento e saneamento este ano, ademais dun investimento de 59.755.240 euros en obras de saneamento en concellos sitos en espazos protexidos, que se realizarán entre o presente ao e o 2013. Pola súa parte, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental aportará 500.000 euros neste ano para a instalación de puntos limpos, contedores, composteiros e recollida de lixo; e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible realizará unha achega de 100.000 euros para os plans de desenvolvemento sostible e iniciativas de educación ambiental e sensibilización.

Un total de 2.196 persoas residen en zonas catalogadas como parque natural, e preto de 3.000 persoas nas súas proximidades. Pensando neles nace o programa “Parques para Vivir”, pioneiro en Galicia, xa que é a primeira vez que se pon en marcha un plan integral da posta en valor dos parques naturais “que ademais ten como eixo central a mellora da calidade de vida e dos servizos das persoas que residen nese entorno”, resaltou o conselleiro, Manuel Vázquez.

O conselleiro sinalou que un dos obxectivos prioritarios da consellería é mellorar o estado de conservación dos parques e a súa protección “pero non á costa dos veciños” e que a pertenza aos parques naturais se vexa “como un desenvolvemento económico máis que como unha medida restrictiva”. Mostra da súa importancia no desenvolvemento económico e turístico é que cada ano os parques naturais galegos reciben a visita de máis de medio millón de persoas, e uns 70.000 pasan polos seus centros de información.

Actualmente Galicia conta con seis parques naturais cunha superficie de máis de 40.000 hectáreas (o que supón o 1,4% de Galicia), que son os do Invernadoiro, Serra da Lastra e Xurés (Ourense); Fragas do Eume (A Coruña) e Monte Aloia (Pontevedra). A rede de espazos protexidos incrementarase coa incorporación de catro novos parques naturais, que son os de Ancares, Courel, Pena Trevinca e Macizo Central.


Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, 2008-04-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES