Notas de prensa

O Vaticano acolle unha exposición fotográfica sobre o Camiño entre Santiago e Roma

A Dirección Xeral de Turismo, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, promove durante un mes esta exposición comisariada por Paolo Caucci von Saucken e na que por primeira vez se realiza un percorrido visual polos puntos fundamentais do Camiño que une as dúas Cidades Santas.

A cidade do Vaticano acolle ate o 13 de abril unha mostra singular de fotografías e textos que recollen a esencia dos puntos mais importantes que atravesa a ruta que une as dúas Cidades Santas de Santiago de Compostela e Roma. Santiago, Roma e Xerusalén son as peregrinacións maiores e eixos da civilización e da cultura medievais. Dous sistemas viarios vertebran o corpo: os Camiños de Santiago cara Occidente e as vías rómeas cara Roma. Nestes camiños naceu a civilización europea. A mostra, promovida pola Consellaría de Innovación e Industria a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, foi inaugurada hoxe en Roma polo director xeral de Turismo, Ruben Lois, acompañado do comisario, Paolo Caucci, e mais do deán da Catedral de Santiago, José María Díaz e do presidente da Fondazione per i Beni e le Attività Artistiche della Chiesa.

“Roma-Santiago/ Santiago-Roma. Itinerari, segni e memoria dell'Europa del pellegrinaggio” é o título da exposición que percorre aspectos esenciais da civilización europea, do Camiño, das paisaxes, igrexas e edificios de peregrinos. Segundo explica o comisario, Paolo Caucci, “os peregrinos uniron Santiago e Roma e pronto eles mesmos uniran as dúas cidades coa outra cidade Santa, Xerusalén”. O director xeral de Turismo, Ruben Lois, expresou na súa intervención a satisfacción da Consellaría por poder presentar neste lugar privilexiado a primeira exposición que relaciona visualmente as dúas Cidades Santas ao tempo que destacou que “todos os Camiños levan a Roma, todos os Camiños conducen a Santiago e existen camiños que nos comunican e que se poden coñecer a través desta mostra”. Así mesmo, explicou que o fenómeno de recuperación do Camiño estase a producir dende o exercicio da xestión pública pero tamén grazas á colaboración das Asociacións de Amigos do Camiño, dos investigadores e mais da colaboración e consenso coa Igrexa.

Seguindo os principais camiños de peregrinación medieval, as cen fotografías que ilustran o proxecto están colocadas de xeito que o visitante percorra a distancia entre Roma e Santiago seguindo linealmente a exposición, que remata en Galiza con fotografías do Cebreiro e do Camiño ao seu paso por Melide para concluír cunha fotografía da praza do Obradoiro.

A mostra foi promovida pola Consellaría, a través da S.A. De Xestión do Plan Xacobeo, e conta coa colaboración do Centro Italiano di Studi Compostellani, do Comitato Nazionale per le Celbrazioni del V Centenario della Fondazione della Basilica di San Pietro, e da Fondazione per i Beni e le Attività Artistiche della Chiesa.




Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2008-03-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES