
O Pavillón Municipal Pedro Delgado de Segovia acolleu o Campionato de España Absoluto de Taekwondo, no que
participaron vinteún galegos que conquistaron dez medallas.
O evento, de especial relevancia no Taekwondo nacional, contou cun gran número de participantes de tódalas Comunidades Autónomas. A selección galega competÃu con deportistas de gran nivel, que novamente deron o seu froito, traendo a Galicia dous ouros, tres pratas e cinco bronces.
A vindeira cita do taekwondo nacional será os dÃas 23 e 24
de febreiro na Pobla de Mafumet, onde se celebrará o xunior nacional e no que tamén participará a Selección Galega Xunior.
Resultados obtidos pola Selección Galega Absoluta:
ANDREA RICA TABOADA (CLUBE TAO - VIGO) - GALO - OURO
ESTEFANIA HERNANDEZ GARCIA (CLUBE NATURAL- RIVEIRA) - PLUMA - OURO
JOSE FERNANDEZ REY (CLUBE NATURAL - SADA) - PLUMA - PRATA
JAVIER SIEIRA RODRIGUEZ (CLUBE NATURAL - RIVEIRA) - MEDIO - PRATA
NAZARET TILVE COSTAS (CLUBE DOYANG - REDONDELA) - MOSCA - PRATA
ERIC BENITO MARTINEZ (CLUBE NATURAL-RIVEIRA) - MOSCA - BRONCE
DANIEL MALLO FERNANDEZ (CLUBE MATOS - MARIN) - MOSCA - BRONCE
JOSE A. CARREGAL LAMOSO (CLUBE MATS - MARIN) - LIXEIRO - BRONCE
FERNANDO RASCADO RIOS (CLUBE MACE- PONT.) - SUPERLIXEIRO - BRONCE
LUA PIÑEIRO DEVESA (CLUBE OLIMPIC - VILAGARCIA) - SUPERLIX. - BRONCE
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.