Notas de prensa

O futuro dos medios de comunicación pasa por unha oferta individualizada

A idea, achegada polo catedrático Jesús Timoteo Ãlvarez, debateuse no congreso I+D Investigar a comunicación, na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

O futuro dos medios de comunicación pasa por unha oferta máis personalizada “na que o individuo constrúe a través de redes sociais en Internet a súa propia información”, segundo dixo o catedrático da Universidade Complutense de Madrid, Jesús Timoteo Ãlvarez, na súa intervención no Congreso Internacional Fundacional da Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC) ‘I+C. Investigar a comunicaciónÂ’ que se celebra en Santiago.

O profesor Timoteo Ãlvarez, experto en comunicación das organizacións, falou sobre un “mundo posmediático” no que os contidos se organizarán en “mapas de burbullas”. Nestas redes, explicou, a información distribuirase “ao igual que as galaxias”, onde o tema principal se atopa nun primeiro plano e, nos seguintes, os datos son cada vez menos relevantes. O catedrático apuntou que estas novas redes xirarán en torno a páxinas web sobre temas moi concretos cunha estrutura similar ás actuais radios dixitais en liña.

Permitir aos interesados obter no momento preciso a información que demandan e coñecer a calidade deste datos segundo protocolos de valoración da calidade son as dúas características fundamentais dos “mapas de burbullas”, tal e como explicou Timoteo Ãlvarez.

Cunha longa traxectoria na xestión da comunicación, o catedrático da Complutense destaca por obras como Gestión del poder diluido. La construcción de la sociedad mediática (1989-2004), editada por Pearson - Prentice Hall, na que describe a transformación formalmente establecida entre a caída do muro de Berlín en 1989 e os atentados de Nova York (2001) e Madrid (2004) dende a perspectiva dun dos factores básicos desta mutación, os medios de comunicación.

Xunto co desenvolvemento de numerosos relatorios, os debates da segunda xornada do encontro continuaron tratando a sociedade da información como un contexto indispensable de análise no exame das novas tecnoloxías da comunicación. Na charla participaron os profesores das Universidades de Santiago de Compostela, Xosé López; da Autónoma de México, Raúl Trejo; de Tampere, Tapio Varis; e da Oberta de Catalunya, Inma Tubella.

Outra das reunións centrouse na produción creativa de contidos para diferentes escenarios e novos soportes. A discusión contou coa intervención das profesoras das Universidades de Santiago e de Kent, Margarita Ledo e Elisabeth Cowie, respectivamente; a directora de documentais na televisión belga, Régine Debatty, e o profesor da Universidade Lusófona de Humanidades e Tecnoloxía de Lisboa, Jorge Paixao.

Celebrouse a mesa redonda ‘Cooperación España-América Latina’ que ten como obxectivo principal contribuír ao fortalecemento da comunidade académica de ciencias da comunicación. Nesta liña, convocáronse aos máximos representantes de asociacións e iniciativas de investigación rexional para definir políticas científicas de colaboración e desenvolver un espazo común de traballo.

As relacións entre arte, deseño e tecnoloxía son o punto forte de Règine Debatty, unha das participantes na segunda xornada do congreso “I+C Investigar a Comunicación”, organizado pola Asociación Española de Investigación en Comunicación (AE-IC) e que se clausura mañá na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

A recoñecida blogger, Règine Debatty, a profesora da Universidade de Kent (Reino Unido), Elisabeth Cowie; o profesor da Universidade Lusófona de Humanidades e Tecnoloxía (Portugal), Jorge Paixao da Costa; e a profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Margarita Ledo reflexionaron esta mañá sobre o concepto de creatividade e a necesidade de aplicar esta nocións os produtos culturais. “Para min a creatividade é tirar o manual de instruccións e facer as cousas ó teu xeito, sen prestar atención ás reglas ou ás modas”, explicou Debatty, autora dun dos blogs europeos máis visitados (www.we-make-money-not-art.com) onde combina as entrevista a artistas ou deseñadores máis vangardistas cun eficaz deseño visual.

Outro dos poñentes destacados dentro da xornada foi o profesor da Universidade de Tampere (Finlandia), Tapio Varis, que expresou as súas ideas sobre a sociedade da información xunto ó profesor da Universidade Autónoma de México, Raúl Trejo e a reitora da Universidade Oberta de Catalunya, Imma Tubella. “A información e as comunicacións volvéronse ubicuas. Para o 2015, a poboación dos países industrializados terá acceso multimedia a distintos servizos a través dos teléfonos móviles ou outras terminais. Nos países en desenvolvemento pasará o mesmo”, manifestou Varis na súa conferencia.

Outros eventos destacados da xornada foron as sesións especiais. Por unha banda, os expertos falaron de cooperación con América Latina no terreo da investigación. Paralelamente, se facía un repaso completo polas seis últimas décadas de investigación en España.

“Consuma cocos gallegos” é o titulo da conferencia de clausura ás 14 horas que será pronunciada polo publicista Miguel Conde, creador dunha exitosa campaña dunha cadea de supermercados galegos na que se apela ós consumidores a “vivir como galegos”. No acto de clausura estarán presentes a Presidenta da Comisións Organizadora do Congreso, Margarita Ledo; o Presidente da AE-IC, Miquel de Moragas e o Presidente de Ecrea, François Heinderyckx. As últimas sesións do congreso fundacional da AE-IC serán as referidas a investigación da comunicación e docencia nas facultades de Comunicación e as políticas de investigación e comunicación.

Gabinete de comunicación AE-IC, 2008-01-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa programación de verán de 2026 cun percorrido que reafirma o compromiso da institución coa difusión da música clásica, a apertura a novos públicos e a proxección da orquestra dentro e fóra de Galicia. Entre xuño e agosto, a RFG ofrecerá varios concertos en Santiago e participará en citas destacadas como o Festival Internacional de Música de Espinho, o Noia Harp Fest, o Galicia Clarinet Fest ou o Festival Bal y Gay.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN. A construción do prototipo será unha iniciativa estratéxica para a I+D+I en Galicia, xa que implicará tanto á academia como ao tecido industrial especializado no ámbito dos aceleradores de partículas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES