A Consellaría de Cultura e Deporte vén de anunciar a licitación das obras de reparación, acondicionamento e mellora das pallozas do Cebreiro en Lugo por valor de 326.210 euros. Con esta actuación, o departamento que dirixe Ánxela Bugallo procura converter este conxunto etnográfico nunha área visitable.
Con estas obras, a Consellaría continúa cos proxectos arquitectónico e museolóxico-museográfico que dende 2006 pretenden acondicionar as estructuras construídas e adaptalas a unha presentación musealizada de todo o Conxunto Etnográfico do Cebreiro. Deste xeito, as primeiras intervencións tiveron lugar xa no 2006 con traballos previos de limpeza de muros e preinstalación eléctrica nas Palloza Museo, Palloza de "Quico", de "Galán" e do "Campelo", ademais da reparación dos teitos de palla das Pallozas de Galan e Campelo por un importe total de 82.239.
E para este 2008, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultura decidiu investir nesta segunda fase 326.210 euros que dedicará á colocación de reixas para recollidas de augas de escorrentía na Palloza Museo, ao acondicionamento dos exteriores e á substitución de carpintería por outra de madeira de castiñeiro en todas as pallozas do conxunto, execución de pavimento de terra nas pallozas de Quico e Galán, dotación de mobiliario para exposición de obxectos e paneis explicativos e darase un tratamento preventivo de madeiras da estructura da cuberta en todas elas. Así mesmo, rematarase a instalación eléctrica, dotarase ás construcións de pantallas TFT para proxección de series fotográficas que acompañen aos paneis explicativos e incorporarase cableado para son e altofalantes nas Pallozas Museo e Quico.
O prazo de presentación ao concurso, de procedemento aberto e carácter público, remata o 11 de febreiro. A realización destas obras no Conxunto etnográfico do Cebreiro contarán cun prazo de execución de seis meses.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.