
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) comeza a súa programación do ano 2008 coa proxección de Recuerdos de Woody Allen, filme enmarcado dentro do ciclo Woody Allen e o cine. O ciclo inclúe a proxección de catro filmes, Recuerdos, Zelig, La rosa púrpura de El Cairo e Un final made in Hollywood proxectados en dÃas consecutivos (do 7 ao 10 de xaneiro), todos eles referidos á relación co propio ámbito cinematográfico.
O ciclo, elaborado polo equipo de programación do CGAI, nace dunha colaboración coa Fundación Barrié de la Maza, froito do concerto que Allen ofreceu coa New Orleans Jazz Band na cidade da Coruña o 3 de xaneiro. As proxeccións, de entrada gratuÃta, son as 20,30 horas na sede do CGAI.
Nado en Nueva York o 1 de decembro de 1935 co nome de Allen Stewart Konigsberg, a progresiva consolidación do prestixio e a difusión da obra de Woody Allen convérteno nun dos cineastas universalmente máis coñecidos. Humorista, actor, autor teatral e guionista, desde 1969 desenvolve unha carreira como director que, despois de rodar este verán o seu último tÃtulo en España, alcanza os 38 tÃtulos.
A súa figura recolle unha fusión de autor-actor-cómico, membro desde os seus principios dunha estirpe na que conviven Keaton, Chaplin, Tati, Jerry Lewis ou Harold Lloyd, aÃnda que as súas ambicións se trasladan con posterioridade a universos máis singulares e obsesivos, influÃdo por grandes presenzas como Bergman ou Fellini. A comicidade en estado puro da etapa inicial, a axilidade das súas narracións e a habilidade posterior para conciliar elementos traxicómicos cobran forza cando unha corrente máis introspectiva e intimista vai axustando as pezas do Allen máis descarado e paródico.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.