Notas de prensa

Presentado un manual de protocolo para nenos

A Vicepresidenta Segunda da Deputación participou na presentación dun manual de protocolo para nenos. A publicación contén as principais normas de educación para escolares de 4 a 11 anos.

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participou na presentación do “Manual de Educación. Protocolo Social para nenos e nenas” que tivo lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. O libro, que está editado en tres idiomas: galego, castelán e inglés, contén as principais normas de educación que deben adquirir os nenos e as nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 11 anos de idade. Lara Méndez destacou a importancia do manual “porque cando falamos de educación e de bos modais débese empezar polos máis cativos”.

Esta é a primeira edición deste libro que conta, ademais, cunha guía práctica que lle facilita ós rapaces unha mellor adquisición de habilidades sociais como a naturalidade ou a prudencia. “Non podemos esquecer que os nosos fillos son o espello do que ven, por iso é necesario que se establezan medidas axeitadas para que os cativos adquiran habilidades sociais de acordo cos cánons que indica a sociedade”, engadiu a Vicepresidenta Segunda da Deputación.

Lara Méndez felicitou tanto á autora, María del Mar Castro Maestre, como ó equipo creador do manual ó tempo que lles brindou toda a colaboración da Deputación para vindeiras edicións. Neste senso, sinalou que o novo equipo de goberno “está abrindo esta institución a todos os que, como vostedes, levan a cabo proxectos que serven para mellorar a convivencia entre os cidadáns. Como di ó lema do equipo de goberno, SUMANDO ESFORZOS, é a única maneira de que consigamos o mellor para a nosa sociedade”.

Gabinete de Comunicación de la Diputación Provincial de Lugo, 2007-12-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES