A investigadora ferrolana SofÃa MartÃnez Vilariño foi a gañadora do V Premio de Investigación Enxeñeiro Comerma que, cada dous anos e dende 1998, convocan conxuntamente o Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña. O xurado non tivo dúbidas para recoñecer a labor de SofÃa MartÃnez, xa que decidiu a concesión por unanimidade e sen discusión. A investigadora, que estudou enxeñerÃa industrial na urbe naval, traballa na actualidade na cidade estadounidense de Houston.
O alcalde Vicente Irisarri presidiu no consistorio o acto de lectura do fallo do xurado, no que tamén participaron as concelleiras de Educación e Cultura, Mercedes Carbajales e Yolanda DÃaz respectivamente, asà como Ana Dorotea TarrÃo, vicerrectora de Organización Académica da Universidade da Coruña, quen desculpou a ausencia do rector José MarÃa Barja e do vicerrector Luis Barral. Tamén estaban presentes representantes dos xurados dos premios e do campus de Ferrol.
Vicente Irisarri púxose en contacto telefónico coa galardonada nada máis coñecerse a nova. E, tras expresarlle as súas felicitacións polo traballo presentado, que levaba por tÃtulo “Caracterización de nanomateriais para vehÃculos espaciais”, o primeiro edil arrancoulle o compromiso de que visitará Ferrol nos próximos meses para pronunciar unha conferencia sobre o seu traballo e, á par, recoller o premio.
No acto tamén se coñecÃa que, tralo estudo e valoración dos traballos de investigación presentados, o xurado decidira deixar deserto o V Premio de Investigación Antonio Usero. Un feito que, para o alcalde de Ferrol, non supón senón dignificar máis se cabe os galardóns, xa que a súa concesión require dunhas condicións de calidade destacadas.
O primeiro edil subliñou a intención do goberno local de potenciar e publicitar este premio para conseguir elevar a participación na convocatoria. Un premio que para Vicente Irisarri constitúe claro exemplo do que debe ser unha das principais polÃticas do Concello en materia educativa. Neste senso, subliñou a necesidade de auspiciar e potenciar todo o referente a I+D+i para que a cidade avance con paso firme e asegurou que a Administración local apostará decididamente neste senso.
Vicente Irisarri destacou tamén a necesidade de intensificar as boas relacións entre Concello e Universidade e apelou a esa actitude de colaboración para sacar adiante proxectos con intereses comúns tales como a futura residencia universitaria para a que a Administración local cederá terreos.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.