Notas de prensa

800 nenos da Coruña participan na Campaña de esquí 2008

A Deputación da Coruña organiza entre o 19 de xaneiro e o 29 de marzo de 2008 diversas viaxes á estación invernal de Sierra Nevada (Granada) para fomentar a práctica do esquí entre os rapaces de 10 a 13 anos.

As viaxes desenvolveranse en oito quendas, de sete días de duración cada unha, nas que participarán arredor de 800 nenos da provincia e que quedarán distribuidas do seguinte xeito: 1ª quenda, do 19 ó 26 de xaneiro; 2ª quenda, do 26 de xaneiro ó 2 de febreiro; 3ª quenda, do 9 ó 16 de febreiro; 4ª quenda, do 16 ó 23 de febreiro; 5ª quenda, do 23 de febreiro ó 1 de marzo; 6ª quenda, do 1 ó 8 de marzo; 7ª quenda, do 8 ó 15 de marzo; e 8ª quenda do 22 ó 29 de marzo.


A Deputación da Coruña pretende con esta campaña que os rapaces da provincia teñan a oportunidade de participar en diversas actividades relacionadas coa práctica do esquí, entre elas un curso de 10 horas de duración impartido por monitores titulados. Os participantes aloxaranse nun hotel de 3 estrelas no casco urbán de Granada e, ademáis de practicar o esquí, terán a oportunidade de realizar visitas a centros de interese como a Alhambra de Granada, o Parque das Ciencias, ou o Sacromonte.


A estación invernal de Sierra Nevada é unha das de maior capacidade de innovación artificial de Europa, conta con capacidade para 45.805 esquiadores por hora e dispón de 86 quilómetros esquiables e 86 pistas balizadas, das que 10 son moi fáciles, 35 fáciles, 35 difíciles e 5 moi difíciles. As instalacións contan ademáis con centro médico na estación, servizo de socorro, farmacia e ambulancia.



Nota









Inscrición.



Os interesados en participar deberán presentar no seu concello a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor do solicitante, unha foto de carné, fotocopia do libro de familia e do documento de asistencia sanitaria, xustificante de empadroamento, e unha copia do aboamento da cota de inscrición, que é de 95 €.

Na primeira quenda, que partirá hacia Sierra Nevada o vindeiro día 19 de xaneiro, partirán preto dun centenar de rapaces dos concellos de Oleiros, Bergondo, Cambre, Culleredo, Sada, Arteixo e Carral. O prazo de inscrición para esta quenda abrangue ata o vindeiro 7 de xaneiro.

Os interesados poden descargar a ficha de inscrición e obter máis información sobre a “Campaña de esquí 2008” na páxina web da Deputación www.dicoruna.es.

PROGRAMACIÓN DAS QUENDAS POR DATAS E CONCELLOS

Prensa Diputación Coruña, 2007-11-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa programación de verán de 2026 cun percorrido que reafirma o compromiso da institución coa difusión da música clásica, a apertura a novos públicos e a proxección da orquestra dentro e fóra de Galicia. Entre xuño e agosto, a RFG ofrecerá varios concertos en Santiago e participará en citas destacadas como o Festival Internacional de Música de Espinho, o Noia Harp Fest, o Galicia Clarinet Fest ou o Festival Bal y Gay.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN. A construción do prototipo será unha iniciativa estratéxica para a I+D+I en Galicia, xa que implicará tanto á academia como ao tecido industrial especializado no ámbito dos aceleradores de partículas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES