Notas de prensa

Dez moz@s galegos amosan os seus deseños en Tesoira 2007

Presentados os finalistas do Certame Galego de Creadores Novos de Moda que exhiben as súas obras o 15 de novembro nunha gala en Vigo.

O director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, e o delegado provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Francisco Xabier Verea Argibay, presentaron a decimosexta edición do Certame Galego de Creadores Novos de Moda ‘Tesoira 2007’ nun acto celebrado en Vigo no que tamén estiveron presentes os dez finalistas do evento. Os mozos exhibirán os seus deseños na gala que se celebrará o xoves, 15 de novembro, no Teatro Caixanova a partir das 20 horas.

Os finalistas desta edición son: Carolina González García, de Vigo, coa colección ‘De papel’; María Rosa Martínez Isla, de Vigo, con ‘Corozas’; Maruxa Calderón Pallín, de Lugo, con ‘Polarizado’; Olalla Novoa Seisdedos, de Vigo, con ‘Sivile row’; Mauro Menduiña Soto, de Cangas (Pontevedra), con ‘Gótica’; Ana Flora Rodríguez Bordas, de Vigo, con ‘Collage’s collection’, Lucía Casanova Yáñez, de Cervo (Lugo), con ‘Versus’; Leticia Priegue Lago, de Vigo, con ‘Pearl Harbor’; Lidia Poza Piñeiro, de Lalín (Pontevedra), por ‘Tarde de Domingo’, e Mariana Lucía Girola Iglesias, de Ourense, coa colección ‘Involue the convoluted’. Os deseñadores explicaron na presentación a temática das súas coleccións, que se inspiran en cuestións tan diversas como a artesanía galega, a arquitectura, a música, o dadaísmo ou o conflito xeracional entre o moderno e o antigo.

O delegado da Vicepresidencia da Xunta destacou que o ‘Tesoira’ permite dar a coñecer os traballos da xente nova que quere iniciarse no mundo da moda. A iniciativa intégrase no programa GZcrea, da Dirección Xeral de Xuventude, un “proxecto ambicioso” que abrangue diversas modalidades artísticas. Francisco Xabier Verea lembrou que o ‘Tesoira 2007’ está dotado con premios de 3.000, 1.500 e 1.000 euros para os tres primeiros clasificados, que obterán ademais bolsas de formación na industria téxtil por contías de 3.000 euros, grazas á colaboración da Consellería de Innovación e Industria. Verea indicou que, “como case todos os anos”, os membros do xurado “tiveron dificultade para elixir ós dez finalistas de entre os 38 traballos presentados”, dada a calidade das propostas. Sinalou ademais que as coleccións seleccionadas “están avaladas pola selección dos profesionais que forman parte do tribunal”, integrado polos deseñadores Cristóbal Vidal, Pilar Bande, María Mariño e Jorge Galiñanes, e polos responsables académicos Guillermo Gómez Espinosa, Dolores Dopico e María del Mar Ciorraga Souto.

O director xeral de Xuventude e Solidariedade, pola súa banda, incidiu nos obxectivos do programa GZcrea, que busca “a promoción dos novos talentos galegos” cunha “visión sumamente ampla que abrangue dende o graffiti ata os grupos musicais, deseñadores de moda, teatro, artes escénicas, literatura ou composición para bandas tradicionais”, entre outros eidos. Rubén Cela apuntou que “algunhas modalidades son máis novidosas e outras están xa consolidadas”, entre as que citou o propio ‘Tesoira 2007’, “consolidado non só polos anos que o avalan senón porque ten un xurado de excepción, de recoñecido prestixio, que avalan a calidade dos finalistas e dos gañadores”. Engadiu ademais que o desfile no Teatro Caixanova supón “unha grandísima oportunidade” para o lanzamento profesional dos participantes. Cela subliñou ademais a importancia das bolsas de formación cos deseñadores Cristóbal Vidal, Pilar Bande e María Mariño porque “o obxectivo fundamental deste evento é contribuír a que continúe aínda máis puxante neste país o sector da creación de moda”.

Os responsables autonómicos agradeceron o patrocinio de El Corte Inglés, Caixanova e a Televisión de Galicia, que retransmitirá a gala final. O Certame Galego de Creadores Novos de Moda ‘Tesoira 2007’ está organizado pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria e da Consellería de Cultura e Deporte.

Exposición en El Corte Inglés

O director de Relacións Externas de El Corte Inglés en Galicia, Pati Blanco, anunciou durante a presentación dos finalistas unha das novidades que incorpora esta décima edición do ‘Tesoira’ e que consiste en que os deseños dos tres primeiros clasificados no certame da Vicepresidencia permanezan a exposición pública nos centros comerciais da compañía, empezando polo de Vigo e coa idea de rotar logo a outras cidades da comunidade autónoma, “compartindo espazo con firmas de prestixio internacional”. Blanco expresou o apoio de El Corte Inglés, “referente do sector no mercado nacional”, ó ‘Tesoira’, unha cita que “identifica e representa un dos sectores máis puxantes da identidade galega, como é o do deseño e a moda”.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, 2007-11-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros-biblioteca.jpg) Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o día 1, prolongándose ata o día 7, continuando en Ponteareas, desde o día 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 día ata o 10; Viveiro, do día 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do día 26 ao 29 de agosto.
Foto de la tercera plana (libros.jpg) O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.

Notas

Un espazo de encontro entre academia, arte e sociedade. Arrancou no edificio Redeiras da UVigo o congreso internacional 'Escrituras potenciais: o ordinario e o infraordinario', unha cita coorganizada entre as universidades de Vigo e Sorbonne Nouvelle polos especialistas Hermes Salceda e Alain Schaffner, figuras claves no estudo da narrativa contemporánea francesa e, máis concretamente, da obra de Raymond Roussel, toda unha referencia nas chamadas literaturas potenciais.
O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña acolleu a inauguración da exposición 'A Miraxe Dixital'. A mostra é o resultado do traballo e da convivencia da artista británica Louise Ward Morris en colaboración co persoal investigador do centro, tras seis meses de traballo pola residencia artística concedida a través do Ministerio de Cultura.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES