Notas de prensa

A Biblioteca Municipal de Ponteareas gaña o Premio María Moliner

O galardón foille concedido polo seu labor no fomento e animación á lectura entre nenos e xóvenes. O concurso está dirixido a municipios de menos de 50.000 habitantes.

O concelleiro de Cultura Andrés Sampedro, felicita a Biblioteca Municipal de Ponteareas que acaba de recibir un dos premios” María Moliner” polo seu labor no fomento e animación a lectura.

O premio “María Moliner” é un concurso dirixido a municipios de menos de 50.000 habitantes e que premia os mellores proxectos ou actividades desarrolladas para promover a lectura entre nenos e xovenes. Realízase gracias a colaboración do Ministerio de Cultura xunto coa Federación Española de Municipios e provincias e dende o 2002 coa colaboración da Fundación Coca-Cola.

As bibliotecas premiadas reciben lotes bibliográficos, compostos por máis de 200 libros infantís e xuvenís.

Con esta actuación se incentiva os municipios pequenos e se desarrolla un labor de promoción a lectura nestes lugares nos que as veces é difícil acceder ó libro.

Este premio presenta unha gran importancia estratéxica , pois aproximadamente a metade da poboación española reside en municipios de menos de 50.000 habitantes, polo que esta iniciativa acada un gran impacto no territorio, sendo a resposta dos municipios moi positiva , pois ata a data de hoxe presentaronse máis de 7.550 proxectos de máis de 2.000 municipios.

Moné Fernández (Biblioteca Municipal de Ponteareas), 2007-11-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa programación de verán de 2026 cun percorrido que reafirma o compromiso da institución coa difusión da música clásica, a apertura a novos públicos e a proxección da orquestra dentro e fóra de Galicia. Entre xuño e agosto, a RFG ofrecerá varios concertos en Santiago e participará en citas destacadas como o Festival Internacional de Música de Espinho, o Noia Harp Fest, o Galicia Clarinet Fest ou o Festival Bal y Gay.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN. A construción do prototipo será unha iniciativa estratéxica para a I+D+I en Galicia, xa que implicará tanto á academia como ao tecido industrial especializado no ámbito dos aceleradores de partículas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES